El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

SANTIAGO DE COMPOSTELA | CORREOS

O BNG demanda a Correos reverter o desmantelamento dos servizos en Santiago

22-02-2022 15:29:58
Néstor Rego, deputado do BNG.

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar varias iniciativas sobre o servizo de Correos na cidade de Santiago de Compostela. Reclaman, por un lado o mantemento dos servizos no centro da cidade, despois do anuncio de trasladar unha das unidades a Lavacolla, e por outro, exixen a rectificación da decisión de desmantelar o servizo de clasificación que se prestaba, que fai que agora as cartas da Galiza deban ser levadas a Valladolid para a súa clasificación e traídas de volta.  Estas decisións afectan á calidade do servizo, non son sustentábeis e incrementan innecesariamente os custos.

A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos iniciou a comezos deste mes de febreiro o desmantelamento do máquina clasificadora de Lavacolla, de forma que, agora, as cartas con orixe e destino na Galiza, deberán ser trasladadas a Valladolid para a súa clasificación e logo volver de volta para a súa repartición. “Resulta incomprensíbel esta  decisión pois é evidente”, subliña o deputado Néstor Rego, “que esta decisión non é sustentábel, empeorará o servizo ao incrementar os prazos de entrega, e suporá un grave perxuizo para a calidade do servizo postal na Galiza”.

Agora ademais, Correos fixo pública a súa intención de trasladar a Unidade de Servizos Especiais de Santiago de Compostela, sita no cruzamento da Rúa de Rodrigo de Padrón coa Rúa do Franco até o Centro de Tratamento Automatizado de Lavacolla, nas aforas da cidade. Isto afectará, en primeiro lugar, á conciliación da maioría do persoal que verá desprazado o seu centro de traballo debendo empregar maior tempo para chegar alí, pero tamén un evidente incremento nos tempos necesarios para a repartición e un incremento dos custos do mesmo. Cabe destacar que o centro localizado en Lavacolla non dispón dun adecuado servizo de transporte co que as traballadoras e traballadores terán que empregar os seus vehículos particulares.

“Ademais disto, este traslado suporá un sobre custo económico posto que implica incrementar os quilómetros percorridos, sen contar coa posibilidade de repartición desta unidade en sábados, domingos e festivos” apunta o deputado do BNG. Rego tamén denuncia o desmantelamento da infraestrutura de clasificación no centro da cidade e alerta de que esta decisión “influirá na calidade do servizo, causando retrasos e dificultando a efectividade do mesmo, ademais de pór en risco o futuro da actividade e os postos de traballo”.

A organización nacionalista, a través destas iniciativas rexistradas, quere coñecer a posición do Goberno do Estado ante este desmantelamento e saber “se forma parte dunha estratexia conxunta a decisión de desmantelar a máquina de clasificación automatizada FSM do Centro de Tratamento Automatizado e o traslado desta unidade a Lavacolla”.

“Resulta evidente que o servizo de repartición debe buscar a maior calidade e proximidade, garantindo así tamén a eficacia e eficiencia”. Correos en Santiago conta, a día de hoxe, cunhas instalacións céntricas e plenamente operativas, “non se pode entender que se prefira o desprazamento desta unidade ás aforas, co consecuente incremento de custos”. Neste sentido, tamén pregunta o BNG sobre cal será o futuro do inmóbel propiedade de Correos na cidade vella se finalmente elimina os servizos que alí se prestan na actualidade.

O BNG reclama que se dean a coñecer os argumentos económicos ou de eficacia e eficiencia administrativa e de xestión do servizo “que xustifiquen a decisión de trasladar a clasificación postal do correo da Galiza até Valladolid, así como a de levar a USE desde o centro da cidade até Lavacolla a pesar dos evidentes incrementos dos custos e o empeoramento das condicións laborais dos traballadores e traballadoras desprazadas”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias