El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

FERROL

O BNG reclama a cesión gratuíta ao Concello dos terreos da Autoridade Portuaria en Ferrol

24-02-2022 11:34:49

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas na cámara baixa para que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ceda de maneira gratuíta ao Concello de Ferrol os terreos, propiedade da Autoridade Portuaria, que se encontran desafectados de usos portuarios. A día de hoxe é a administración local a que corre con todos os gastos de mantemento e conservación deste espazo mais a Autoridade Portuaria pretende lucrarse economicamente a través do cobro de taxas pola súa ocupación.

O Concello de Ferrol era titular das dúas concesións na zona de servizo do Porto de Ferrol para uso público na Malata e pasa uso deportivo. Ambas as dúas foron outorgadas en 1990 até 2020. Nestes espazos cedidos, o concello realizou diversas melloras e investimentos públicos destinados a equipamentos deportivos, saneamento, zonas verdes, aparcamentos públicos realizados durante os máis de 30 anos de duración da concesión.

“Os terreos, titularidade de Portos do Estado, hoxe en día están desafectados de usos portuarios” explica o deputado do BNG no Congreso. Son terreos que, aínda que se encontran dentro da zona de servizo portuaria, por causa da evolución das necesidades operativas dos tráficos portuarios, quedaron en desuso ou perderon a súa idoneidade e funcionalidade técnica para a actividade portuaria. “Agora, co remate da concesión, as estradas abertas de uso público, as vías de acceso rodado á cidade, os equipamentos públicos comunitarios, todas as infraestruturas que habilitou o concello nesta área e que son indispensábeis para Ferrol, reverteron á Autoridade Portuaria, que pretende cobrar taxas polo seu uso, cando son terreos que deberan quedar claramente en mans municipais” sinala a organización nacionalista.

A pesar disto, os terreos “seguen sen ser cedidos definitivamente e de maneira gratuíta ao Concello de Ferrol que é quen leva anos facendo uso e mantendo en condicións adecuadas os equipamentos neles construídos”. Por este motivo, o deputado do BNG reclama a súa cesión de maneira gratuíta “con carácter urxente” para rematar cos graves prexuízos que está supondo este atraso.

“Non só está a causar un grave prexuízo á cidade de Ferrol, senón que tamén está a causar incontábeis problemas administrativos a clubs e entidades, sobre todo de carácter deportivo, que fan uso diario das instalacións” enfatiza o deputado do BNG.

Rego pon como exemplo a situación en que se encontra o club de fútbol da cidade, o Racing Club de Ferrol S.A.D, ao que o concello non pode cederlle o uso do estadio municipal por non ser o titular dos terreos onde se asenta e que vén usando ininterrompidamente desde a súa inauguración no ano 1993. “A Autoridade Portuaria de Ferrol non pode exixir ao concello o pago dunha taxa de ocupación anual que, mesmo coas bonificacións aplicábeis, supera os 300.000 euros só pola utilización dos terreos onde se asenta o campo municipal de  fútbol da Malata” recrimina Rego. Departamento de comunicación       





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias