El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

RIBADAVIA

A MIT de Ribadavia convoca o XVII Premio Abrente de Textos Teatrais

Poderán presentarse textos inéditos, escritos en lingua galega, de temática, estilo e extensión libre, ata o día 17 de xuño.

25-02-2022 13:03:09
Ribadavia convoca o XVII Premio Abrente.

RIBADAVIA | O Concello de Ribadavia, a través do seu festival internacional, aproba as bases deste coñecido Premio de dramaturxia galega, que o ano pasado gañou o dramaturgo Ernesto Is e cuxo texto se dará a coñecer na colección de libros da Editorial Difusora na presente edición de 2022.

O Premio Abrente é un dos motores de impulso á nova dramaturxia galega que dende a capital do Teatro, Ribadavia, segue a alentar a innovación e o recoñecemento á escrita teatral en lingua galega. O foro internacional da MIT caracterizouse e segue a impulsar o diálogo real e equitativo entre a escena internacional e a escena galega dos nosos días.

Para o Abrente poderán presentarse textos inéditos, escritos en lingua galega, de temática, estilo e extensión libre, ata o día 17 de xuño. O xurado reunirase no marco da 38ª MIT, que terá lugar entre o 15 e 25 de xullo de 2022. A dotación económica deste premio anual é de 3.500€, xunto coa edición e o apoio para a procura de posibilidades de escenificación da obra galardoada. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias