ARBO | Entre as actividades previas á celebración da LXII Festa dá Lamprea (23 e 24 de abril), Arbo acollerá a quinta edición da Andaina dá Lamprea o vindeiro domingo 3 de abril, despois de dous anos que por mor da crise sanitaria non se puido levar a cabo. Unha actividade que en cada edición supérase converténdose nunha experiencia inesquecible na que os camiñantes poden relaxarse e evadirse contemplando paisaxes espectaculares.
Para promocionar a festa, e ir ‘abrindo boca’ e recibir con enerxía aos foráneos, Arbo prepárase as semanas previas con varias actividades nas que tanto os veciños como os visitantes son benvidos, segundo manifesta o rexedor do concello Horacio Gil.A ruta arrincará na Praza do Concello ás 9:30 horas é o percorrido serán 12 kilometros apoximadamente. Para participar nesta andaina -de dificultade media-alta-, os interesados deberán aboar 8 euros en concepto de inscrición.
A data límite para anotarse termina o próximo 31 de marzo e pódese facer nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com (enviando instancia de participación e xustificante de pagamento). O Concello entregará agasallos para todos os participantes e, facendo honra á raíña do Miño na súa tempada de consumo, se as circunstancias o permiten, ofrecerase unha degustación de lamprea e viño das adegas do Concello de Arbo.
O alcalde segue informando que a Andaina da Lamprea, única e pioneira por toda a comarcas da zona, é unha forma estupenda de coñecer as marabillas paisaxísticas e arquitectónicas de Arbo facendo deporte e gozando ademais de lamprea e ir facendo oco ao evento gastronómico único en Galicia e España, que ten lugar a fin de semana do 22, 23 e 24 de abril no que a poboación de Arbo multiplícase e os locais fan gala da súa hospitalidade, porque xa sexa para comer e beber, pasear, aprender e relaxarse ou para queimar adrenalina nunha contorna máxica, Arbo é digno de visita, e os seus veciños, os perfectos anfitrións. Departamento de comunicación