FERROL | O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañou hoxe á ministra de Defensa,
Margarita Robles, na súa visita ao estaleiro de Navantia en Ferrol para
coñecer o estado do programa das fragatas F-110. A viaxe de Robles á
cidade serviu para confirmar que “se están a cumprir os prazos”,
asegurou, e que o corte de chapa da primeira unidade está fixado para o
vindeiro 23 de marzo.
A ministra destacou o compromiso “total e
absoluto” con Ferrol por parte do Goberno e destacou que a construción
das cinco unidades durante o vindeiro decenio vai crear 9.000 empregos
entre directos e indirectos e vai implicar un enorme impacto económico
en toda a comarca. No percorrido polas instalacións participaron
tamén o presidente de Navantia, Ricardo Domínguez; a secretaria de
Estado de Defensa, Esperanza Casteleiro, e o xefe do Estado Maior da
Armada, o almirante xeneral Antonio Martorell. Departamento de comunicación