OURENSE | O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede presentaron hoxe o circuíto de carreiras “Correndo por Ourense 2022”. Serán seis as carreiras previstas (no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira), que pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense). Consolídase así un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense, que é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
O alcalde destacou na presentación que “é unha marabilla despois do parón da pandemia volver ter esta actividade”, lembrando que “temos en Ourense a carreira pedestre máis antiga e emblemática, que é a San Martiño, e esta se completa con este circuíto de 6 carreiras nos diferentes barrios”. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes destacou o impulso do Concello á organización e colaboración en 15 probas de carreiras e “trains”, ao longo de todo o ano. A maiores destas 6 de Correndo por Ourense, a San Martiño, a San Silvestre, a carreira nocturna deste sábado 15km, ou a Carreira da Muller do pasado domingo, entre outras, en definitiva, “eventos que mobilizarán a 20.000 persoas e cos que se volve retomar o bo ritmo de carreiras que encherán as rúas da cidade”.
A presentación contou tamén coa asistencia de representantes dalgunhas das entidades que colaboran na organización do evento: Ángel Fidalgo, da federación de atletismo Javier Vázquez, do Clube Divino Maestro, José Álvarez, do Club Atletismo Ourense e María Troncoso, de Coca Cola.
Inscricións
As inscricións (para atletas das categorías sub20, sub23, senior e master) ten un custe de 7 euros e pódese realizar xa na páxina web carreirasgalegas.com O prazoemata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Para as demais categorías, a inscrición é gratuíta. A recadación da proba terá un fin solidario, que se anunciará proximamente.
No que atinxe aos participantes, poderán participar desde nenos que nacesen en 2015 ata atletas da categoría master. En cada unha das seis probas haberá carreiras de Pitufos; sub10 e sub12; sub14 e sub16; e resto de categorías. Todas comezarán ás 11:00 horas agás as 2 nocturnas, a do Couto (28 de maio) e Centro (11 de xuño), que arrincarán ás 22 horas. Departamento de comunicación