El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación dará apoio técnico aos concellos para acceder ás axudas do Goberno á rehabilitación de edificios municipais

18-04-2022 17:14:20
Valentín González Formoso (c).

A CORUÑA | A Deputación da Coruña pon ao dispor dos concellos da provincia a oficina Next Deputación, ubicada no concello da Capela, para xestionar os proxectos vinculados ás axudas do Plan de Impulso do Goberno de España á rehabilitación de edificios públicos (Pirep). Valentín González Formoso destacou o carácter pioneiro da oficina posta en marcha pola Deputación para que os municipios coruñeses poidan acceder a estas subvencións convocadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.  

A institución provincial é a primeira administración galega que pon en marcha un centro destas características, co que se busca aopiar aos concellos na captación e xestión dos proxectos vinculados ao Fondos Next Generation da Unión Europea. A oficina permitirá que os pequenos muncipios que non dispoñan da capacidade técnica para redactar, preparar e presentar os proxectos dirixidos ao Pirep, poidan facelo co apoio técnico da Deputación.  

Asi o explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na reunión que hoxe mantivo xunto ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a subdelegada, María Rivas, cos alcaldes e alcaldesas da provincia para informar sobre as axudas do Pirep e outras actuacións estatais en materia de vivenda, das que se poden beneficiar os concellos.  
 
Formoso salientou que a convocatoria destas axudas para rehabilitación de edificios públicos de titularidade municipal do Goberno de España ascenden a 600 millóns de euros e intégranse nun ambicioso Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación, con máis de 1.800 millóns de orzamento para o período 2022-2025. Un Plan que inclúe ata 13 liñas de acción entre as que se atopan tamén  programas de axudas a particulares que permitirán acceder a unha vivenda a colectivos especialmente vulnerables, axudas para que as persoas mozas podan adquirir vivendas nos municipios de menos de 10.000 habitantes, o Bono Aluguer Xoven (250 € ao mes para menores de 35 anos) ou a posta a disposición de vivendas da SAREB e entidades públicas para o seu uso como vivenda social, segundo explicou o presidente provincial.  

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, definiu as liñas do Pirep como unha “oportunidade única” para os concellos, aos que animou a presentar solicitudes. “O municipalismo e clave para que todos os programas cheguen á veciñanza”, explicou.  Miñones sinalou que dentro das axudas destinadas á rehabilitación de vivendas públicas dirixidas aos concellos “a contía maxima por proxecto é de 3 millons de euros. Os concellos de mais de 50.000 habitantes poderán presentar ata 5 proxectos, os de entre 50.000 e 20.000 habitantes 3 proxectos e os de menos 2 proxectos”. Deste xeito, o subdelegado informou de que “cidades como A Coruña poden optar ata 15 millóns de euros e outras como Culleredo poderán chegar ata os 9, mentres que o resto ata un máximo de 6”.  
 
 
As achegas do Pirep financiarán actuacións de mellora enerxética, accesibilidade e sostibilidade
 
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) lanza a convocatoria de 600 millóns de euros en axudas a municipios e deputacións para rehabilitar edificios públicos de titularidade local. As axudas permitirán acondicionar instalacións administrativas, educativas, asistenciais, deportivas, sanitarias ou culturais, por exemplo.
 
É o primeiro programa de rehabilitación de edificios públicos con enfoque integral, que vai a permitir ademais mellorar a eficiencia enerxética dos edificios públicos, cunha redución do 30% no consumo de enerxías non renovables.
 
Tamén se poderán financiar outras actuacións que permitan solucionar deficiencias e mellorar as prestacións relativas a cuestións como a habitabilidade, a accesibilidade e mellorar distribucións que agora mesmo se atopan obsoletas ou desactualizadas atendendo ás necesidades actuais.
 
O orzamento das axudas financiará ata o 100 % no caso de que sexa relacionada co consumo de enerxía primaria non renovable, e de forma limitada ata un máximo do 85 % para o resto de actuacións non enerxéticas.
 

Presentación de proxectos  

A convocatoria articúlase en dúas liñas de axuda. A primeira delas cun orzamento de 250 millóns de euros para financiar a rehabilitación de inmobles cuxa recepción de obra se realice antes do 30 de setembro de 2024. Os requisitos para optar a ela serán os da propia convocatoria e as entidades locais poderán presentar as súas propostas ata o 25 de abril de 2022.  

A segunda contará con 350 millóns e permitirá levar a cabo proxectos de renovación que finalicen antes do 31 de marzo de 2026. O prazo para estas rematará o 3 de xullo de 2022. Neste caso haberá que cumprir dous requisitos adicionais á convocatoria: que o orzamento da obra sexa igual ou superior a 50.000 euros, que a superficie na que se vaia intervir supere os 1.000 m2 ou que o grao de intervención sexa superior a 500 euros/m2.  

Segundo sinalan desde o Ministerio, as solicitudes serán avaliadas segundo criterios de calidade, solidez, gobernanza, enfoque integral, innovación e oportunidade. Primarase tamén a calidade arquitectónica e a racionalidade e oportunidade do proxecto. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias