El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

ARBO

Sergio Pazos, o encargado de preogar as excelencias de Arbo na "Festa da Lamprea"

O sábado, ás 13:00 horas, dende o balcón da Casa Consistorial.

19-04-2022 16:03:18
Sergio Pazos.

ARBO | A LXLLI edición da Festa da Lamprea de Arbo dará comezo oficialmente o venres, ás 17:30 horas, coa inauguración da ‘ Arbomostra’, que este ano esta ubicada na Praza do Mercado  na que poderá degustarse  a lamprea por racións a prezos populares e gozar dos mellores viños con Denominación de Orixe Rías Baixas das nove adegas presentes na Carpa

O  Concello de Arbo conta este ano co humorista, actor e presentador Sergio Pazos  para pregoar as excelencias desta Vila e da  Festa da Lamprea nesta 62 edicións. A lectura do pregón será o sábado día 23 de abril ás 13.00 horas no balcón da casa Consistorial. 

Aínda que nunca deixou de traballar en Galicia, onde é especialmente popular polo seu papel de  Paspallás na comedia  Pratos combinados, a principios dos 90 empeza a aparecer en distintas series nacionais. En 1996 salta á fama ao converterse nun dos reporteiros do exitoso programa “Caiga quien Caiga”, presentado polo Gran  Wyoming. Participou en distintas longametraxes, obras teatrais e mesmo no programa de telerrealidade A illa dos famosos.

En 2006 foi colaborador do magacín vespertino de CuatroChannel nº4, presentado por Boris Izaguirre e Ana García Siñeriz e presentador do programa "Gincana Tivi Show" en Aragón Televisión. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias