PORTO DO SON | O 'Rompetiño Jump' confirma a programación completa da zona Skatepark do festival, que terá lugar na zona portuaria de Porto do Son, e comenzará o venres 1 de xullo ás 16:00 horas e prolongándose ata o domingo ás 20:00 horas,
Ademáis, a organización confirma que o Skatepark desta edición será o máis completo de todas as edicións celebradas, recuperando a configuración que deseñaron para a final do campionato de España de Scooter en 2019 e que se celebrou na Cidade da Cultura, coas modificacións necesarias para as competicións que se levarán a cabo, ao longo do primeiro fin de semana de xullo.
Esta programación comezará o venres 1 de xullo ás 16:00 horas con adestramentos libres de Skate e Bmx e con exhibicións de Flatland ás 17:00 horas, 18:00 horas e ás 19:00 horas. Estes adestramentos serán de vital importancia para os participantes nas probas do fin de semana, xa que poderán probar os seus trucos máis complicados e espectaculares no Skatepark da competición.
O Flatland é unha modalidade de Bmx que consiste na realización de acrobacias en terreo plano, de tal xeito que é unha especie de danza artística enriba da bici mesturado con Breakdance. Os trucos realizánse xirando a bicicleta e mantendo un equilibrio nunha variedade de posicións inesperadas.
A programación do Skatepark continuará o sábado 2 de xullo con adestramentos de Bmx entre as 10:00 horas e as 14:00 horas. A competición oficial comenzará ás 16:00 horas, celebrándose ás finais entre as 19:00 horas e as 20:00 horas. Completará tamén a programacion de tarde exhibicións de Flatland ás mesmas horas que o venres.
O domingo 3 de xullo será o día da celebración da Skate cup, con adestramentos pola mañá e competición oficial pola tarde. Como novidade para este domingo, o festival presenta un best trick de Scooter, onde os mellores deportistas galegos farán as delicias do público asistente ao finalizar as finais de Skate.
Todas as probas terán tamén categoría sub-14 dotadas con premios de roupa do patrocinador principal do Rompetiño: Rompiente Clothing. Para a categoría Pro, os premios en metálico serán de ata 500 euros para o campión de cada competición, premios aos que accederán os catro primeiros e que se lle sumará ás prendas de RP, premio habitual no Rompetiño Jump.
Cabe recordar que a zona de día do Festival é gratuita, e ademáis de poder disfrutar das competicións do Skatepark, contará con competicións de baile, música en directo, exhibicións variadas, talleres para nenos, zona de restauración e tendas e outras competicións aínda por anunciar.
O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo. Rompiente Clothing na súa aposta polo talento xoven, apoia ao Rompetiño Jump como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualable. Entradas a venda en woutick.es