El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

SANXENXO

Sanxenxo acollerá o "IV Concurso de Música Tradicional Soalleira"

25-04-2022 15:50:38
III Concurso de Música Tradicional Soalleira.

SANXENXO | O Auditorio do Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá o vindeiro 8 de maio a cuarta edición do Concurso de Música Tradicional Soalleira. Unha cita que recupera a súa data habitual no calendario municipal e que contará cunha alta participación con 38 grupos de 21 asociacións procedentes, por primeira vez, das catro provincias galegas.

 A Asociación Cultural Soalleira acadou nestes últimos anos unha gran proxección no mundo da música tradicional galega impulsada, entre outros eventos, por este concurso que permite en cada edición amosar a calidade e talento musical dos grupos. Esta cita enmárcase dentro do programa Sanxenxo Fala promovido pola Concellería de Cultura, dirixida por Paz Lago, que aposta, unha vez máis, por este evento, co que se busca pór en valor a nosa cultura e identidade dentro e fóra da nosa comunidade.

Nesta cuarta edición, os grupos inscritos repartiranse en 4 categorías: A (ata 10 anos), B ( de 11 a 13 anos), C (de 14 a 17 anos) e D (de 18 anos en diante). O participantes contarán cunha carpa no exterior para poder ensaiar, cambiarse de vestiario e seguir a través dunha pantalla o transcurso do concurso. Para os que non se poidan achegar poderán seguilo vía streaming a través do canle de Youtube de Soalleira como xa se fixo na anterior edición. En total, entregaranse 3.500 euros repartidos en tres premios por cada unha das categorías e dous accésits de vestiario.

“Dende a suspensión case total de eventos culturais no ano 2020, pasando por un 2021 con algunha que outra celebración, pero con moitas restricións, dende a Asociación Cultural Soalleira, sentímonos moi orgullosos de chegar a celebrar a IV edición do noso Concurso nunha normalidade case total”, apuntan dende a asociación.

A concelleira de Cultura sinala que “é un pracer e un orgullo poder colaborar con proxectos tan interesantes como o concurso de Soalleira no que se reivindica a cultura tradicional con talento e maestría como se desmostra en cada edición do concurso”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias