El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

A historiadora Suzy Castor inicia este martes unha rolda de conferencias organizada polo Club Internacional de Prensa

Impartirá a charla ?Haití: a participación política da muller nunha sociedade en mutación? en Santiago, Vigo, Lugo e Ourense

11-06-2007

Dentro do Ciclo ?América, cada vez máis latina? que leva a cabo o Club Internacional de Prensa -Secretaría Xeral de Comunicación-, o vindeiro martes comeza a rolda de Conferencias que percorrerán Galicia a historiadora haitiana Suzy Castor. Serán o martes día 12 en Santiago (sé da Fundación Caixa Galicia na rúa do Vilar 19), o mércores 13 en Vigo, na sé da mesma Fundación (Policarpo Sanz 21-2º), o xoves 13 en Lugo (na mesma Fundación, na Praza de Santa María), e o venres 15 en Ourense, en Xoán XXIII nº 31 soto. Nestas conferencias, Suzy Castor falará de ?Haití: a participación polítiica da muller nunha sociedade en mutación?. En Santiago, a encargada de introducir a charla de Castor será a escritora Marilar Aleixandre; en Vigo a presentación correrá a cargo do avogado Fernando Martínez Randulfe; en Lugo presentará a profesora Carmen Blanco, e en Ourense Pura Veiga Pombo Suzy Castor ven a España convidada polo Club Internacional de Prensa para participar neste ciclo inaugurado polo escritor uruguaio Eduardo Galeano ?célebre e afortunadamente, xa reposto do seu cancro de pulmón. Coa colaboración do C.I.P., Suzy Castor manterá en Madrid diversas entrevistas con persoas responsables de distintas institucións gubernamentais, como é a Secretaria de Estado para Iberoamérica, Trinidad Jiménez, así como con outras entidades, Fundacións e organizacións non gubernamentais que están levando adiante programas de colaboración para o desenvolvemento de Haití. Quén é Suzy Castor Suzy Castor é unha das intelectuais máis importantes de Haití e o Caribe, e o seu compromiso coa defensa dos dereitos humanos, incluídos os refuxiados e os inmigrantes, é exemplar. Diplomada en Ciencias Sociais poa Escola Normal Superior de Haití en 1958 e doutora en Historia pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), é unha das persoas que escribíu con máis lucidez sobre o pasado e o presente do seu país e do Caribe. Entre 1968 e 1986, foi profesora da Facultade de Filosofía e Letras e da Facultade de Ciencias Políticas da UNAM. En 1972, creou o Centro de Estudos do Caribe na Facultade de Ciencias Políticas e, en 1976, fundou a revista especializada Caribe Contemporáneo, publicada por este Centro. En 1986, trala caída da ditadura de Duvalier, regresou ó seu país, onde xunto co seu home, Gérard Pierre Charles, participou na creación dunha organización non gubernamental, o Centro de Investigación e Formación Social para o Desenvolvemento (CRESFED, nas siglas francesas), que dirixe dende 1995. En 1987, dirixíu o Programa de Elaboración do Ensino en Ciencias Sociais para as Escolas Fundamentais da UNESCO. Tamén impartíu clase na Universidade do Estado e en 1990 e 1991 foi miembro do Consello de Estado. Publicou seis libros, entre eles, La intervención norteamericana en Haití y sus consecuencias (Siglo XXI. México, 1978) ou Migración y relaciones internacionales. El caso haitiano-dominicano (UNAM y UASD. Santo Domingo, 1987), coordinou outros tres e participou en sete obras colectivas sobre a historia de Haití, o Caribe e América Latina. Publicou máis de 50 artigos en revistas científicas, dictou cursos en universidades de varios países e patricipou en seminarios en América e Europa. Durante as súas dúas décadas de vida e traballo en México, participou de xeito salientable na solidariedade cos refuxiados, en particular, cos procedentes do Cono Sur e de América Central. Traballou pola reinserción dos refuxiados retornados e pola defensa dos traballadores inmigrantes haitianos, sobre todo na República Dominicana. Suzy Castor foi distinguida como Doutora Honoris Causa pola Universidade Autónoma de Santo Domingo. É vicepresidenta da Asociación de Historiadores de América Latina, é membro do Tribunal Permanente dos Pobos, e recibíu a Medalla Haydée Santamaría de Cuba en recoñecemento á súa achega para o avance da cultura en América Latina. En 2005 recibíu o IV Premio Juan María Bandrés á defensa do Dereito de Asilo e Solidariedade cos Refuxiados, outorgada por CEAR (Comisión Española de Axuda ó Refuxiado).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias