OURENSE | A
Deputación convocará unha oferta de emprego público extraordinaria para
a estabilización do emprego temporal atendendo a Lei 20/21, de medidas
urxentes
para a redución da temporalidade no emprego público. A oferta abarcará
84 prazas
“Esta lei persegue reducir a temporalidade
nas administracións públicas, o seu obxectivo é situarla nun 8%”,
remarca o vicepresidente terceiro da Deputación e responsable da área de
Persoal, Plácido Álvarez, que lembra ca aplicación
desta lei, obrigatoria para todas as administracións públicas de
España, é “moi esixente en prazos”. Ten que estar aprobada antes do 1 de
xuño, “e estamos na vía de cumprila. As convocatorias teremos que
aprobalas antes do 31 de decembro e todos os procesos
selectivos teñen que estar rematados a finais do 2024”.
Proceso culminado con acordo na mesa xeral de negociación
No tocante ao deseño desta oferta de
emprego público extraordinaria, o 22 de abril lanzouse unha proposta
inicial para a formulación desta oferta de emprego público. E o 4 de
maio formulouse unha addenda para, entre outras cousas,
incorporar unha serie de prazas ós procesos de estabilización no
relativo ao persoal procedente do Concello de Os Blancos, no que a
Deputación se subrogou como empregador do persoal laboral municipal
adscrito aos servizos de pavimentación de vías públicas
e o de abastecemento domiciliario de auga potable e depuración.
O vicepresidente terceiro da Deputación,
Plácido Álvarez, remarca que todo o proceso foi aprobado na mesa xeral
de negociación. “Acadouse o acordo na mesas -celebradas o 22 de abril e 6
de maio-, co voto a favor de UGT, CCOO e
CSIF”.
Das 84 prazas estabilizadas, por sistema de
selección de concurso-oposición serán 30 prazas e por concurso, outras
54. Unha vez estabilizadas estas prazas, a temporalidade na Deputación
de Ourense descenderá un 12%.
Prazas consolidadas
En concreto, o proceso consolidará 32
prazas de chofer-operario de lixo; 17 prazas de operario de lixo; 9
prazas de bombeiro-condutor; 4 prazas de peón de mantemento; 3 prazas de
operario de canceira; 2 prazas de porteiros; 2
prazas de limpador e unha praza de albanel, auxiliar de oficina,
auxiliar de recollida de animais abandonados, chofer especialista,
mecánico, operario, mestre de canto e pandeireta, mestre de percusión,
peón de xardinería, coordinador do servizo de pavimentación
de vías públicas e acceso a núcleos de poboación, capataz do servizo de
pavimentación de vías públicas e acceso a núcleos de poboación e
tractorista do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e
depuración. Departamento de comunicación