El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

Deluxe, Siniestro Total e Happy Mondays actuarán na inauguración da Fnac na Coruña

11-06-2007

Deluxe, Siniestro Total e Happy Mondays ofrecerán un concerto gratuíto nos Xardíns de Méndez Núñez o vindeiro 19 de xuño para concluír a festa de inauguración da tenda de Fnac na Coruña. Abrirá o programa o galego Deluxe. Xoel López tocará algúns temas do seu último disco, "Fin de un viaje infinito". A continuación, a banda de Manchester Happy Mondays, que se converteu nos anos 80 e 90 nun dos grupos indie máis famosos, presentará o seu traballo máis recente. Pechará a velada a veterana banda viguesa Siniestro Total con algúns dos seus grandes éxitos. Apadrinada pola cantante de Madredeus, Teresa Salgueiro, e o artista multimedia Antón Reixa, a inauguración da Fnac na Coruña comezará co corte de cinta na tenda que se situará na Praza de Lugo. A distribuidora francesa de discos, libros, películas e outros produtos culturais disporá dunha instalación de máis de 2.500 metros cadrados distribuídos en dous andares na cidade herculina.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias