El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Baltar cualifica como "falta de consideración" o silencio do Goberno fronte á petición da FEMP de abordar a xestión dos fondos europeos

31-05-2022 16:49:06
Manuel Baltar (c).

MADRID | O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Madrid na reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que reclamou ao Executivo central a urxente convocatoria da Comisión Nacional de Administracións Locais, co fin de abordar, entre outras cuestións, os problemas que están causando os axustados prazos para a execución dos fondos europeos Next Generation. Unha reunión xa solicitada hai meses pero que só obtivo o silencio como resposta, “o que supón unha falta de consideración non só coa propia federación, senón tamén, e aínda máis importante, con todo o mundo local español”, lamenta Manuel Baltar.

Concellos e deputacións expresaron na reunión desta mañá a súa preocupación polos problemas que teñen á hora de executar proxectos financiados cos fondos europeos de recuperación, debido principalmente ás dificultades coas que se atopan para o cumprimento duns prazos moi axustados. “Unha circunstancia que require de solucións inmediatas, como a habilitación de prórrogas, para evitar que se teñan que devolver eses fondos”, advirte Manuel Baltar.

O presidente do goberno provincial tamén reclama a inmediata convocatoria da Comisión Nacional de Administracións Locais (CNAL), “porque queremos que o Goberno perciba directamente a nosa preocupación nunha xuntanza presencial, e non por carta”. Os concellos, destaca Manuel Baltar, están hoxe nunha situación de debilidade económica “e o Goberno da nación debe ser sensible e cumprir coa súa obriga política e moral: reunirse co máximo órgano de goberno do mundo local español”. Só deste modo poderán coñecer “a situación de desamparo e incerteza dos concellos no que se refire á xestión dos fondos Next Generation”.
 
Manuel Baltar pide un Executivo que saiba “dialogar e escoitar”, actitudes fundamentais para ter en conta as necesidades reais da veciñanza, engadindo que “non só falamos dos concellos máis poboados, senón dos menos habitados e con menos recursos, que son os que necesitan máis apoio das administracións”.


Inquedanzas das administracións locais

A Xunta de Goberno da FEMP tamén esixe abordar nesta próxima reunión da CNAL a necesidade de compensar ás administracións locais pola perda recaudatoria que supón para os gobernos locais a nova normativa do tributo das plusvalías. Para esta xuntanza de traballo tamén prantexan os problemas derivados da suba de prezos de materiais en obras xa contratadas e diversas cuestións encadradas na financiación local. 

A Xunta de Goberno aprobou a firma de dous de convenios de colaboración da FEMP co Ministerio de Interior: un coa Dirección General de Protección Civil y Emergencias e outro coa Secretaría General de Instituciones Penitenciarias, referido ao “cumplimiento de penas en beneficio de la Comunidad”. Ademais, entre outras cuestións, a Federación aprobou o documento “Medidas para la Mejora de la Eficiencia Energética en las Ciudades”, e unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias