El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación colabora na celebración da 25 edición da Feira do Pemento de Oímbra

15-06-2022 13:47:28

OURENSE | O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, avanzou a colaboración do goberno provincial na celebración da XXV Feira do Pemento de Oímbra durante a reunión que mantivo no Pazo Provincial coa alcaldesa deste municipio, Ana Villarino. Este evento gastronómico celebrarase en Oímbra o domingo 7 de agosto. 

Manuel Baltar destacou a importancia da Feira do Pemento de Oímbra, encaixándoa dentro dos atractivos deste municipio: “Esta festa é un punto clave na nosa xeografía gastronómica, e un ano máis, un punto de encontro do bo produto nunha terra que ten de todo, termalismo, viño ou fronteira con Portugal. Oímbra é, sen dúbida, unha das mellores postais da provincia de Ourense”. 

“Tiven a fortuna de ser o delegado da Consellería de Agricultura cando naceu esta festa, en 1998 -lembrou o presidente da Deputación- e poder vela medrar todos estes anos, co traballo do goberno municipal por este produto, emblema da provincia, e pola Feira do Pemento de Oímbra incluso durante a pandemia”. 

Nesta liña, Baltar recoñece o traballo do Concello, “cun goberno local e unha alcaldesa que sempre está dando exemplo de bo funcionamento e eficiencia nas dinámicas municipais, esforzándose para conseguir día a día unha gran visibilidade”. 

Pola súa banda, a rexedora de Oímbra agradeceu o apoio, “un ano máis, da Deputación de Ourense e, persoalmente, do seu presidente, Manuel Baltar”, a unha feira que cumpre 25 anos en 2022: “Naceu en 1998, en 2009 foi declarada de Interese Turístico e dende 2014 contamos coa Indicación Xeográfica Protexida”. 

“Estamos xa a traballar nesta edición e convidamos a todos a que nos visiten, para degustar os nosos pementos e viños”, sinala Ana Villarino arredor dunha edición con carácter simbólico: “Celebraremos as ‘vodas de prata’ da Feira do Pemento e, en paralelo, o seu renacemento coa volta ao formato tradicional despois de dous anos nos que tivemos que reinventarnos por mor da pandemia -en 2020 realizouse polas redes sociais e en 2021 nos bares-“. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias