El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

A Fundación Caixa Galicia leva o espectáculo "De igual a igual" da cantante arxentina María Lavalle a Santiago, A Coruña e Ourense

12-06-2007

A artista María Lavalle ofrecerá dentro de dúas semanas en tres cidades galegas un concerto patrocinado pola Fundación Caixa Galicia. A artista presentará o seu último espectáculo, "De igual a igual", no Teatro Colón da Coruña o xoves 28, no Teatro Principal de Santiago un día despois e por último, o sábado día 30 no Teatro Principal de Ourense. A cantante arxentina mesturará distintos estilos musicais acompañada por un dos pianistas de tango máis prestixiosos do mundo, Osvaldo Berlighieri. No concerto únense a guitarra española, a portuguesa e o bandoneón arxentino. O espectáculo, que fusiona fado e tango, inclúe unha homenaxe a Atahualpa Yupanqui e a Edith Piaf. As entradas para o recital poden adquirirse no despacho de billetes de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) a un prezo de 8 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias