El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

O simposio internacional "Pobre Mundo Rico" percorrerá Galicia da man do Club Internacional de Prensa

O foro analiza as desigualdades entre países ricos e pobres no planeta

12-06-2007

"Pobre Mundo Rico" é a frase que define e aglutina todas as actividades do Simposio Internacional que sobre Pobreza e Desigualdade no Mundo, organiza o Club Internacional de Prensa -Secretaría Xeral de Comunicación- contando coa colaboración da Obra Social Caixanova, e a dirección xeral de Cooperación Exterior. Mesas-Debate e Conferencias percorrerán as sete cidades máis importantes de Galicia. Así, estarán en Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol, ao longo dos meses de outubro e novembro: o acto de inauguración e as primeiras actividades serán en Vigo o día 2 de outubro, clausurándose o 29 de novembro en Santiago de Compostela. Así afirmárono en rolda de prensa en Vigo o secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado e o director xeral da entidade financeira Caixanova, José Luis Pego, tras asinar un Convenio de Colaboración que contribúe a levar a cabo as actividades deste Simposium que reunirá máis de 110 relatores e conferenciantes de ámbito nacional e internacional. Na súa intervención, Salgado fixo fincapé na capacidade deste simposio para "seguir identificando os factores desas desigualdades, buscando recetas que permitan poñer un gran de area na vía de solucionalas e no convencimento de que outro mundo tamén é posible". Compromiso social A programación deste foro responde tamén ao compromiso social de chamar a atención sobre a situación de desigualdade que viven os pobos e países dos distintos continentes. Non en van, os Ciclos que programa o C.I.P. son: "América, cada vez máis latina" e "Os latexos do mundo" -con Le Monde Diplomatique-, ademais dos "encontros do Club", ciclos polos que pasaron este ano personalidades de recoñecido prestixio internacional polo seu compromiso social e a súa firme defensa da igualdade e o dereito de todos os seres humanos a unha vida digna: Javier Alfaya, Carlos Gabetta, Mai Al Kaila, Gervasio Sánchez, Francisco Jarauta, Bernard Cassen, Luis Sepúlveda..., e esta mesma semana, a activista haitiana Suzy Castor, e na próxima, os xornalistas e escritores Ignacio Ramonet e Ramón Chao, son parte das persoas invitadas polo Club Internacional de Prensa de Galicia. Toma de conciencia O obxectivo deste simposio é, tanto por parte dos organizadores (Secretaría Xeral de Comunicación a través do Club Internacional de Prensa) como dos colaboradores (Caixanova, dirección xeral de Cooperación Exterior, USC...), contribuír a unha maior toma de conciencia social sobre todos aqueles aspectos que inciden, propician, determinan ou fomentan a grande desigualdade social que existe no mundo, e a pobreza á que viven condenados millóns de persoas. A través do debate e das conferencias que terán lugar ao longo de dous meses, afondarase nas razóns e argumentos que expert@s nas distintas materias porán sobre a mesa. Conseguir unha maior sensibilización da sociedade e elevar o grao de compromiso para poñer fin a ese desequilibrio que vive o mundo, é un dos obxectivos que se perseguen. Ademais das Mesas-Debate e as Conferencias, levaranse a cabo distintas proxeccións audiovisuais en múltiples xéneros: documentais, ficción, docudramas ou reportaxes realizados nuns casos polos propios alumnos de Comunicación Audiovisual das 3 Facultades galegas, e en outros, por profesionais do sector, como Patricia Ferreira, Carlos Estévez, e outros directores que están a manifestar o seu desexo de colaborar desinteresadamente con este Simposio Internacional, dende distintas partes do mundo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias