A CORUÑA | O presidente da Deputación da
Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no pazo provincial a unha
representación dos xogadores, corpo técnico e directiva do Hockey Club Liceo,
trala recente consecución do seu oitavo título da OK Liga.
No
acto, no que tamén estivo presente a deputada de Deportes, Cristina Capelán, Formoso
deulle ao Liceo os “parabéns por traer esta Copa á Coruña nove anos despois” e puxo
en valor a relevancia do club deportivo, “máis laureado de Galicia, toda unha
referencia do deporte galego”. “Este título engrandece aínda máis o medio
século de historia dun club cunha traxectoria que nos enche de orgullo”,
afirmou.
“Na
Deputación levamos moitos anos ao carón do Liceo, ao igual que do resto do
deporte na provincia, porque a nosa aposta polo deporte como transmisor de
valores e pola promoción dos nosos equipos e deportistas é clara”, subliñou
Formoso, que tamén reafirmou que “continuaremos dándovos ese apoio e máis se
podemos nos próximos anos”. Departamento de comunicación