El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Manuel Baltar: "O Goberno debe convocar xa a Comisión Nacional da Administración Local"

28-06-2022 18:07:36
Manuel Baltar (i).

OURENSE | O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe en Madrid nas reunións da Xunta de Goberno e do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), celebradas no Senado.

Ó remate das xuntanzas dos máximos órganos de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias, Manuel Baltar voltou a remarcar “a necesidade de que o Goberno  central convoque a Comisión Nacional da Administración Local (CNAL)”, para abordar aspectos clave como o papel das administracións locais no reparto e distribución dos fondos europeos de recuperación, ademais da negociación dun novo modelo de financiamento local ou a compensación polas perdas na recadación do imposto de plusvalías. 

“Nunca se vira na democracia española tanto desprezo polo mundo local coma o amosado nos últimos tempos pola Moncloa”, lamentou o presidente da Deputación de Ourense, que reivindicou o traballo das administracións locais durante a pandemia e neste novo contexto socioeconómico. 


O papel das administracións locais no reparto dos fondos europeos

A Xunta de Goberno e o Consello Territorial da FEMP foron celebradas por primeira vez no Senado, sendo os seus integrantes recibidos polo presidente da Cámara Alta, Ander Gil. En ambas reunións defendeuse a boa xestión de Concellos, Deputacións, Cabildos e Concellos Insulares na distribución dos fondos europeos, pedindo a xestión de 3.500 millóns de euros da nova partida asignada por Europa a España dentro dos Next Generation. O propio presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou a creación dunha comisión de alcaldes para abordar as posibles liñas de destino destes novos fondos europeos e comunicalas ao Goberno central. 


Ademais, a FEMP voltou a remarcar esta mañá a necesidade dun fondo COVID dotado con 3.000 millóns de euros para as administracións locais e outro fondo compensatorio respecto as perdas do transporte público o ano pasado, ademais da supresión da normativa fiscal en 2023. 

O Consello Territorial da FEMP abordou tamén a tensión sufrida polos gobernos locais provocada polo aumento dos custos e a inflación. Nesta liña, avanzouse a posibilidade de estudar a posibilidade de establecer impostos locais sobre as telecomunicacións e a rede eléctrica. E, entre outros asuntos, informouse de que se elevará unha reclamación ó Ministerio de Transición Ecolóxica para expoñer a “imposibilidade de executar a implantación das Zonas de Baixas Emisións (ZBE) nas cidades antes do 31 de decembro, cando a tramitación require entre 12 e 16 meses”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias