El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA | PP

O Partido Popular da provincia da Coruña recupera a súa Romaría

01-07-2022 17:53:36

A CORUÑA | Afiliados, militantes e simpatizantes do Partido Popular da provincia de A Coruña daranse cita na xa tradicional Romaría que a formación popular celebrará os ábado, a partir das 12:00 horas –intervencións previstas para as 13:45 horas-, no Concello do Pino, e á que acudirán o presidente nacional, autonómico e provincial, Alberto Núñez Feijoo, Alfonso Rueda e Diego Calvo.

Tras dous anos sen poder gozar desta cita por culpa da pandemia provocada pola Covid, a dirección provincial volveu a convocar á ‘familia’ popular a unha xornada de marcado carácter lúdico na que persoas procedentes dos 93 concellos da provincia poderán gozar dun día no que, como o propio Diego Calvo asegura, “deixaremos atrás, sen esquecernos dos que xa non están connosco, meses duros nos que Para o presidente provincial, a recuperación da celebración desta Romaría sempre foi un dos seus principais obxectivos durante todos estes anos. Non en balde, a cita sempre foi un éxito de organización e de afluencia de xente en todas as súas edicións. “En canto poidamos facela, que ninguén dubide que de que a volveremos facer”, ten dito o popular en todas as citas con militantes e afiliados.

Desta maneira, as 4.000 persoas que confirmaron a súa asistencia poderán gozar desde o mediodía dunha xornada de encontro, que demostra, unha vez máis, apuntou o presidente popular, a unión e a forza que os populares teñen en todos os recunchos da provincia de A Coruña.

Amenizada coa música do Grupo Alaska e con actividades para que os máis pequenos pasen tamén un bo día, a organización colocará unha carpa de máis de 3.800 metros cadrados para dispensar unha comida na que non faltará a empanada, o polbo e a tradicional carne ao caldeiro.


Arrinca a campaña das municipais  

A once meses da cita coas urnas municipais, a Romaría servirá tamén de pistoletazo de saída da campaña para as eleccións locais, na que os populares confían en poder aproveitar o bo momento que vive o seu partido a nivel nacional para recuperar o goberno da Deputación da Coruña e municipios importantes como A Coruña, Santiago e Ferrol.  

“Temos que chegar fortes a elas, temos que demostrar unha vez máis que somos a ferramenta para mellorar a vida da xente. Os que imos solucionar os seus problemas e, nunca, os que os causamos”, concluíu Diego Calvo.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias