El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación promove feiras de dinamización do comercio local

En Arteixo, As Pontes, Betanzos, Cambre, Carballo e Culleredo.

06-07-2022 12:17:29
A Deputación presentou o programa.

A CORUÑA | A Deputación da Coruña desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro un novo proxecto de dinamización do comercio local a través do que se levarán a cabo seis feiras nos Concellos de Arteixo, As Pontes, Betanzos, Cambre, Carballo e Culleredo.   

O deputado de Promoción Económica, Blas García, presentou hoxe esta iniciativa, “que se freou pola pandemia pero que agora aínda ten máis razón de ser nun contexto socioeconómico como o actual” para “axudar ao comercio local, que ten moita importancia para os concellos”.   

Blas García agradeceu a colaboración dos concellos que acollerán as feiras e das asociacións de comerciantes que participan e salientou que “con programas deste tipo, ademais do comercio, tamén axudamos a outros sectores como é a hostalería e todo o que está relacionado co concello, conseguindo que se desprace xente ata as feiras, beneficiando á economía local”. “Agardo que sexa un éxito e que, para o ano, participen máis concellos”, expresou.  


Impulsando o desenvolvemento económico

A Deputación realizou un contrato para o desenvolvemento dunha serie de seis feiras entre concellos con poboación entre 10.000 e 50.000 habitantes que conten con Asociación de comerciantes e con mesa de comercio propia ou mesa de comercio da Deputación. 

O fin das mesmas é fundamentalmente apoiar aos comerciantes e artesanos da provincia. A duración das feiras terá unha duración máxima de 3 días (de venres a domingo), comezando en Cambre do 22 ao 24 de xullo e continuando en As Pontes, do 19 ao 21 de agosto, en Carballo, do 26 ao 28 de agosto, en Betanzos, do 2 ao 4 de setembro, en Arteixo, do 9 ao 11 de setembro, e rematando en Culleredo, do 16 ao 18 de setembro.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias