El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

NOIA

Noia Harp Fest propón unha singular viaxe sonora por Paraguai e a Bretaña francesa

A través da arpa na súa terceira xornada.

04-08-2022 19:08:08
Lune Bleue.

NOIA |  Noia Harp Fest, o único festival especializado en arpa do noroeste peninsular, propón para este venres unha singular viaxe sonora, que partirá da Praza do Tapal, para percorrer dous territorios cunha ampla tradición arpística: Paraguai e a Bretaña francesa.  

Noia acollerá mañá pola noite dúas das citas máis agardadas desta edición do festival. Por unha banda, o regreso de Clotilde Trouillaud, unha das arpistas mais prestixiosas da súa xeración e que está a revolucionar o xeito de entender a música para arpa na Bretaña. Logo do seu exitoso concerto en solitario no Noia Harp Fest no 2018, Trouillaud continúa o seu camiño musical, cheo de paisaxes diversas e coloristas, e regresa este ano coa súa formación Lune Bleue Trio, acompañada por Erwan Bérenguer (guitarra) e Jean-Marie Stephant (batería).  

Pola outra, unha cita coa música americana a través dunha sorprendente formación, inédita na escola de arpa paraguaia: o dúo de arpas formado polos irmáns Sixto e Juanjo Corbalán. Os dous teñen cadansúa carreira en solitario ou en diferentes formacións, mais como dúo están presentes habitualmente na programación do mellor certame de Europa, o Festival de Edimburgo, así coma en festivais de medio mundo. Mañá pola noite conquistarán ao público noiés coa súa excepcional linguaxe e a sutileza do tratamento das melodías da tradición arpística coas que debuxan imaxes cheas de forza e contrastes sonoros, soportados nun virtuosismo difícil de imaxinar para os que non o escoitan en directo. Antes, pola mañá, impartirán a segunda das clases maxistrais programadas polo Noia Harp Fest na Igrexa de Santa María A Nova.   

Precisamente no museo terá lugar a terceira das citas musicais desta xornada. Será un conceerto con dúas grandes figuras da música antiga xuntas: a cantante polaca Paulina Ceremuzynsk, quenquen reside desde o ano 2004 en Galicia e investigou a reconstrución musical das cantigas de amigo, e o arpista compostelán Manuel Vilas, recoñecido polo seu traballo coa arpa ibérica, aínda que realiza un gran labor en investigación sobre a arpa jesuítica chiquitana -Bolivia- así como na arpa dobre do s.XIV que circulaba baixo a coroa de Aragón.  

O IX Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) celébrase do 3 ao 7 de agosto. O evento, dirixido por Rodrigo Romaní, é unha proposta ecléctica, cunha ampla diversidade estilística, cuxo fío condutor é a interpretación musical a través da arpa. Savourna Stevenson, Steve Kettley, Hermanos Corbalán, Kora Jazz Trío, Clotilde Trouillaud, Paula Ceremuzynksa, Manuel Vilas, Beatriz Martínez, Rafa Fernández Trio, Anna Amigó, Trío Clepsidra ou Bleuenn le Friec forman parte do seu cartel, que a veciñanza pode gozar de xeito gratuíto tanto a ceo aberto -Xardíns da Central do Tambre, Praza do Tapal- coma no interior de recintos culturais da vila -Igrexa de Santa María A Nova, Teatro Coliseo Noela, Liceo de Noia-.   

Noia Harp Fest conta co patrocinio do Concello de Noia, coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22 e da iniciativa concertosdoxacobeo.gal, ademais do soporte de Acción Cultural Española a través do programa PICE. O festival conta tamén coa colaboración de Cabaniñas do Bosque, da distribuidora dixital de música Altafonte e co apoio tanto do Liceo de Noia coma da Asociación Terra de Outes.


Axenda do venres   

.- 11.30 horas, Igrexa Santa María A Nova | Clase maxistral con Juanjo e Sixto Corbalán ‘A arpa paraguaia’.   

.- 20.00 horas, Igrexa Santa María A Nova | Concerto de Paulina Ceremuzynska & Manuel Vilas.   

.- 22.00 horas, Praza do Tapal | Concertos de Lune Bleue Trio e Hermanos Corbalán / Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias