El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O PEL da Deputación destina 3,75 millóns a 503 microempresas, pemes e persoas autónomas

Os concellos da Coruña, Santiago e Ames son os que contan cun maior número de empresas beneficiarias.

10-08-2022 11:37:42
Valentín González Formoso (i), e José Ramón Rioboo.

A CORUÑA | A Deputación da Coruña publica hoxe, mércores 10 de agosto, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión da liña PEL-Emprende Investimento do Plan de Emprego Local, pola que se destinan 3,75 millóns de euros a un total de 503 microempresas, pemes e autónomos/as de toda a provincia para contribuír á súa consolidación e fortalecemento a través do apoio ao investimento en bens inventariables. 

A liña PEL-Emprende Investimento, que estaba dotada inicialmente con 2.760.000 euros e que está destinada a autónomos, pemes e microempresas que conten como máximo con cinco anos de antigüidade e domicilio fiscal en calquera concello da provincia da Coruña, viu aumentado o seu orzamento un 36%, incrementándose este cun millón de euros.  

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, xa destacara, no acto de presentación das axudas PEL 2022, que o goberno provincial reforzaría este ano o investimento inicial desta liña con medio millón de euros. Finalmente, este incremento resultou aínda maior, posto que os 2,76 millóns orzados de inicio suplementáronse ata acadar máis de 3,75 millóns de euros co obxectivo de chegar ao maior número de pequenos negocios posible.  

As axudas cubrirán ata o 70% dos investimentos realizados en aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario, ordenadores e equipos electrónicos, cun importe máximo a conceder de 17.500 euros, sen IVE. Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa. As axudas concedidas oscilan entre os 2.450 e os 17.500 euros, sen IVE.  

A concesión destas axudas supón un importante apoio económico para que estas 503 empresas poidan adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria e/ou equipos para procesos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización dos seus negocios.


As persoas autónomas, maioría

En canto á tipoloxía das entidades beneficiarias, o 91,05% son profesionais autónomos/as, con 458 solicitudes concedidas. Ademais, preto da metade (o 47,71 %) das empresas e persoas beneficiarias das axudas desenvolven actividades económicas especialmente afectadas pola pandemia COVID-19. Así, obsérvase que 144 beneficiarios se dedican á actividade comercio, restauración e hospedaxe. Pola súa banda, un 23,46 % das solicitudes concedidas pertencen a beneficiarios con actividades económicas referidas a sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia, dos cales 60 dos beneficiarios se dedican á actividade agrícola, gandeira, forestal e pesca.  

Tamén cabe destacar que o 99% todas as empresas que reciben este ano as axudas de PEL-Emprende, todas agás sete, non resultaron beneficiarias na convocatoria anterior. En canto á distribución das axudas por concellos onde se localiza o domicilio fiscal das empresas, cabe destacar que a meirande parte proveñen da Coruña con 64 solicitudes por importe de 387.311,45 euros e Santiago de Compostela con 39 solicitudes por importe de 274.956,04 euros, seguidas de Ames con 27 solicitudes concedidas que supoñen 194.987,56 euros. Entre os tres concellos supoñen case o 25,84 % das solicitudes concedidas. 

En relación co anterior tamén cabe destacar, tomando como referencia o domicilio fiscal, que 204 dos beneficiarios teñen o domicilio fiscal nun concello con poboación maior o igual a 20.000 habitantes (o que representa o 40,56%) e 124 beneficiarios contan co seu domicilio fiscal en concellos de entre 5.001 e 10.000 habitantes (o que representa o 24,65%).  

Atendendo á distribución por comarcas, a de Santiago é a que conta cun maior número de solicitudes concedidas con 166, o que supón 1.366.392,02 euros en axudas, seguida da comarca da Coruña, cun total de 152 e un importe concedido de 976.466,93 euros. Entre ambas comarcas concéntranse o 63,22% das solicitudes concedidas.  

A estas comarcas séguenlles a de Carballo con 71 solicitudes concedidas por importe de 564.115,68 euros e a de Ferrol con 63 e un importe de 424.387,08 euros. As restantes, pertencen á comarca de Barbanza, con 51 solicitudes concedidas e un montante en axudas de 422.027,01 euros. Listaxe completa das solicitudes





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias