El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Rede Cultural da Deputación ofrece 138 espectáculos ata o final do verán

18-08-2022 10:58:21

A CORUÑA | Ata 138 propostas de cine, teatro, circo, monicreques, espectáculos de promoción do galego, maxia, danza e concertos de música conforma a oferta musical que ofrece a Rede Cultural da Deputación da provincia no que queda de mes mais setembro. 

Como explica o responsable do departamento de Cultura, Xurxo Couto, “un ano máis non quedará un concello de toda a provincia que non poida gozar da nosa oferta, xa claramente consolidada como a aposta máis potente e estable a nivel institucional para para achegar propostas de calidade a todos os municipios coruñeses".  

O programa ‘Visións’ achegará 28 filmes, entre os que están "Cuñados", "El cuarto de Mona", "O gran Camiño", "Mi amigo Pony" ou "A galiña Turuleca". 38 serán as actuacións dos grupos de música, danza e teatro non profesionais do programa ‘Alicerce’, que no que queda de verán programará concertos da Banda de música de Arca, Regueifeir@s de Galicia, Pandereteiras sen fronteiros, Tropicalia Troupe, Charanga Santa Compaña ou A Chiqui Band do Laboratorio. 

Danza, música, teatro e monicreques conforman a oferta de ‘Escea a vivo’, 105 espectáculos nos se poderá ver o último de Marta Alonso Tejada, Pablo Díaz, Vella Escola, Dixie Kings, Cristian Leggiero & Paty Lesta, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Ruxe Ruxe, De Vacas, Luar na Lubre, Dios Ke Te Crew, Silvia Penide Trío, A xanela do Maxín, Pedras de Cartón, Teatro do Noroeste, Aldaolado, Ibuprofeno Teatro, Moc Moc MeRe Clown ou Circo Chosco. 

Tamén música, teatro e maxia teñen un oco na programación de ‘Lingua a escena!, que ofrecerá 14 espectáculos de narración oral e de promoción do galego, como os de Zënzar, Caramuxo Teatro, A gramola gominola, Mago Antón ou Migallas Teatro. A maxia ten un lugar propio na Rede Cultural: ata outubro 8 actuacións dos mellores ilusionistas do país; entre eles, Mago Paco, Mago Teto, Dani Polo, Mago Noel ou Mago Xacobe. 

A Rede Cultural da Deputación programou para este ano e o primeiro trimestre do 2023 un total de 1.408 espectáculos en todos os concellos da provincia, cun investimento de 1.509.836,71 euros. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias