El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación aprobou a súa adhesión á Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030

28-10-2022 16:33:35
Pleno da Deputación da Coruña.

A CORUÑA | O pleno da Deputación aprobou adherirse á Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030, aprobada pola Federación Española de Municipios e Provincias no marco do seu XII Pleno. Deste xeito comprométese a determinar un conxunto de actuacións que deberán incorporarse nun plan de actuación ou estratexia, que inclúa unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. 

A Axenda 2030 inclúe 17 ODS  que conectan de maneira directa a acción internacional, nacional e local, e que sitúan ás cidades e aos seus gobernos como poderes públicos primordiais para a súa efectiva consecución.  Así, recoñéceo de forma explícita a Resolución de Nacións Unidas que adoptou a Axenda. Un recoñecemento lexítimo sustentado na emerxencia das cidades e pobos como referentes globais das políticas a favor da sustentabilidade humana e resultado dunha intensa labor de incidencia dos gobernos locais e das asociacións que lles representan. 

Pola súa banda, a Rede de Entidades Locais para desenvolver os ODS da Axenda 2030 está formada polos gobernos locais que se comprometen a localizar e implementar estes ODS de forma transversal nas súas políticas públicas, favorecendo a coordinación de actuacións entre os seus membros. Ademais deste obxectivo principal, a Rede conta cos seguintes obxectivos específicos:  

.- Promover o coñecemento, sensibilización e implantación dos ODS da Axenda 2030 nas entidades locais españolas, mediante o fortalecemento institucional e a implicación dos diferentes axentes locais.   

.- Fortalecer e lexitimar o papel estratéxico das autoridades locais no desenvolvemento da Axenda 2030 en España.   

.- Actuar como foro de intercambio e experiencias entre os gobernos locais que integran a Rede.    

.- Ofrecer servizos de asesoramento e asistencia aos seus membros, formación e mutua cooperación. 

A Deputación da Coruña conta  xa cunha longa traxectoria no deseño e execución de políticas dirixidas ao desenvolvemento sostible do territorio provincial en constante cooperación cos concellos da provincia. De feito, na actualidade está acometendo un novo proceso de diagnose e planificación estratéxica territorial no que a Axenda 2030 constitúe o marco estratéxico de referencia fundamental. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias