LUGO | A Deputación de Lugo promove xunto coa Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e o Campus Terra da USC a 23 edición do Ciclo Luis Asorey sobre patrimonio ambiental, que nesta ocasión abordará o capital natural e os servizos ecosistémicos como base da nova economía. As xornadas, de asistencia libre e gratuíta, celebraranse entre os días 14 e 23 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
O ciclo, estruturado en torno a relatorios, abordará a importancia dos ben naturais e as súas externalidades, a restauración do capital natural tras os incendios forestais, os servizos ecosistémicos da Rede Natura 2000, os servizos ambientais na nova Política Agraria Común, a paisaxe, a compensación das emisións de gases de efecto invernadoiro, a biodiversidade, os servizos ecosistémicos dos sistemas agroforestais ou o valor de monumentos naturais como son as árbores senlleiras.
As xornadas están coordinadas por Antonio Rigueiro, Catedrático Emérito da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, presidente da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e membro numerario da RAGC. As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web. Departamento de comunicación