Sociedad
14-06-2007
O Auditorio do Monte do Gozo de Santiago rexistrará un cheo total para recibir a Maná o vindeiro 22 de xuño. Máis de 28.500 persoas asistirán ao único concerto que a banda mexicana ofrecerá en Galicia, xa que a día de hoxe non quedan entradas para poder ver o directo de Maná. Así o informou Caixa Galicia nun comunicado.
Máis de cen persoas comezarán o luns coa montaxe do escenario cuberto e a varias alturas, que precisa de dúas grúas, cinco carretillas elevadoras e sete xeneradores. A eles sumaráselles os máis de 50 técnicos que viaxan coa xira. O evento contará coa colaboración dun amplo dispositivo de seguridade formado por vixilantes privados, efectivos da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local, Bomberos e voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella.
O Monte do Gozo abrirá as súas portas o vindeiro venres a partir das 18.30 horas. A partir das 18 horas funcionará unha liña especial de transporte para trasladar aos asistentes ata o recinto, que sairá da rúa da Rosa, e se reforzará a liña 6.
O espectáculo está organizado por Cávea Producciones, Ymax Producciones e a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, coa colaboración do Concello de Santiago.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias