El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación patrocina ao motorista Eduardo Iglesias

15-12-2022 11:44:55
Eduardo Iglesias (2ºi).

LUGO | O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu hoxe na Praza de San Marcos ao piloto monfortino de motos Eduardo Iglesias, que participará no Rally Dakar 2023. 

A institución provincial colabora por cuarto ano consecutivo co deportista de Monforte, cunha achega de preto de 15.000 euros, que se incrementou con respecto a pasada edición para promocionar a provincia e os 67 concellos no rally máis grande do mundo. Na presentación desta nova colaboración da Deputación co piloto, José Tomé lembrou que Eduardo Iglesias participou por primeira vez no Dakar no ano 2020 conseguindo o posto 94, en 2021 escalou ata o posto 53, e, este ano, rematou no posto 78. “Na edición do ano 2023 volve poñerse ante este reto que ten por diante 5.000 quilómetros repartidos en 14 etapas”. 

“Dende o primeiro ano, na Deputación de Lugo decidimos apoiar a participación de Eduardo Iglesias no Dakar, e facémolo porque queremos apoiar o talento e o esforzo dos deportistas da nosa provincia en todos os niveis e facémolo tamén porque eventos de alcance internacional como o Rally Dakar supoñen un elemento de promoción do patrimonio da provincia de Lugo moi importante”, explicou o mandatario provincial. José Tomé explicou que se trata dun reto moi importante e desexoulle moito ánimo e sorte para superalo e seguir mellorando os seus resultados. 

Eduardo Iglesias portará o escudo da Deputación na moto, na súa vestimenta, na furgoneta e nunha carpa que utilizará nesta competición que se desenvolverá dende o 31 de decembro  ao 15 de xaneiro en Arabia Saudita. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias