El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación convoca o VI Concurso "Quero Cantar" de música infantil e xuvenil

O prazo de presentación de maquetas rematará o 15 de marzo de 2023.

26-12-2022 11:13:28
Quero Cantar.

A CORUÑA | Co obxecto de promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña convoca o VI Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes de participación rematará o 15 de marzo de 2023. 

Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle. En función das idades establécense as seguintes categorías:   


1.- Categoría A (Infantil), ata 12 anos       

.- Número máximo de compoñentes: 12       

.- Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, participe unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista, e sempre que o grupo sexa de máis de 2 membros. 


2.- Categoría B (Xuvenil), de 13 a 16 anos       

.- Número máximo de compoñentes: 12      

.- Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, permítese un número indeterminado de excepcións ao límite de idade inferior, sempre que este número non chegue á metade de membros totais do grupo. 

A autoría da letra e a música da canción, na dúas categorías, debe ser da persoa solista ou dos membros do grupo que a presenten. 


Establécense os seguintes premios: 


A) 1º clasificado na categoría infantil      

.- Gravación da maqueta en estudio profesional      

.- Gravación dun videoclip da canción gañadora       

.- Material musical (instrumentos, equipamento...) ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1500 euros  


B) 1º clasificado na categoría xuvenil       

.- Gravación da maqueta en estudio profesional. Participación no programa formativo Quero Cantar 2022-2023, que inclúe unha titoría por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega para o desenvolvemento dunha canción, unha residencia do Pazo de Mariñán e un obradoiro de sonorización.       

.- Gravación dun videoclip da canción realizada no programa formativo.      

.- Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 1500 euros 


C) 2º clasificado en ambas as categorías      

.- Gravación da maqueta en estudio profesional.      

.- Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 1000  euros. 


D) 3º clasificado en ambas as categorías     

.- Gravación da maqueta en estudio profesional.      

.- Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 500 euros.  

Noelia Perpetuo, pola canción "Bolboreta", e Bonhomía, pola canción "Veneradas obrigas" foron as cancións gañadoras da pasada edición dun certame que tamén premiou a A Música das Baleas (con “A peor xogada”), Isma Kalo ("A quen lle importa"), Cortegadaos ("Eu quero ser unha árbore") e Cortegadaos ("Eu quero ser unha árbore"), entre outros. 

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL). As bases están publicadas no BOP do 14 de decembro e pódense consultar e descargar na web e tamén na seguinte ligazón. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias