LUGO | A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou este mércores que o "candidato socialista á Xunta de Galicia decidirano os militantes, cando se abra o proceso", pero confesou crer en José Ramón Gómez Besteiro, a quen distintas voces socialistas puxeron en valor nos últimos días.
"Creo en Besteiro e gustaríame que dese o paso para estar en primeira liña da acción política", proclamou, despois de ser preguntada acerca de se vería con bos ollos que o lucense optase a ser o cartel dos socialistas para as próximas eleccións autonómicas". Ler máis