El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

BRASIL

Ana Miranda participa o vindeiro domingo na toma de posesión de Lula da Silva como presidente de Brasil

29-12-2022 17:32:11
Ana Miranda e Lula da Silva.

BRUXELAS | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participará na toma de posesión de Lula da Silva como novo presidente de Brasil, nunha cerimonia que terá lugar en Brasilia o vindeiro domingo, 1 de xaneiro de 2023. “Desde o Bloque queremos trasladar ao presidente electo os nosos parabéns polo triunfo da democracia contra o fascismo”, subliña.  

Ana Miranda formará parte das 53 delegacións internacionais xa confirmadas que asistirán a toma de posesión do presidente electo de Brasil nuns actos que, segundo sinala a propia organización, combinarán a solemnidade coa festa popular co obxectivo de resituar Brasil no escenario global. “É un momento crucial na historia de Brasil e queremos trasladar todo o noso apoio nesta nova etapa”, explica a eurodeputada do Bloque. 

Así, a axenda do vindeiro 1 de xaneiro comezará ás 15:00 co Acto de Promesa Constitucional e transmisión televisiva directamente do Congreso Nacional, no Palacio del Planalto. Ás 16.20 terá lugar a Recepción da Banda Presidencial; ás 16:30 o Pronunciamento á Nación; ás 18:00 o Nomeamento do Consello de Ministros (Ministros de Estado) e ás 18:30 a Recepción no Palacio de Itamaraty. Ademais, está previsto a celebración do Festival do Futuro, no que se darán cita artistas de diversos xéneros de todo Brasil nunha celebración definida como “diversa, inclusiva e democrática”.


Relacións co PT

Coa participación de Miranda na toma de posesión de Lula o BNG afondará nas xa consolidadas relacións co PT, con cuxos dirixentes Ana Miranda tivo ocasión de analizar a situación que vive Brasil no pasado mes de outubro ao longo das dúas voltas electorais. En concreto, a eurodeputada nacionalista participou nunha delegación de deputados e deputadas do Parlamento Europeo de tres grupos políticos diferentes que quixeron estar presentes nas eleccións presidenciais ante a preocupación pola violencia política e os ataques sistemáticos á democracia brasileira.  

“Ábrese unha nova etapa para Brasil, de loita contra a pobreza e a exclusión, de igualdade, de recuperación do público, do multilateralismo, o respecto dos dereitos humanos, despois da época escura do bolsonarismo”, salienta Ana Miranda. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias