El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

NARÓN

O Concello de Narón presenta a "I Mostra multiartesanal e cultural Ardexarxe"

A mostra poderá visitarse de luns a venres no Pazo, de 11.00 a 14.00 horas e dende as 17.00 ata as 21.00 horas.

18-01-2023 15:47:03
Presentación do evento.

NARÓN | O hall do Pazo da Cultura acollerá do 24 de xaneiro ao 2 de febreiro a “I Mostra Multiartesanal e Cultural Ardexarxe”. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou o evento acompañado por Teté Mareque, propietaria da firma do mesmo nome, e Ana Da Silva, presidenta da asociación Camiño de Artesanía. Unha vintena de artesás da comarca e procedentes tamén de países como Bulgaria ou Polonia estarán presentes nesta mostra, tal e como avanzou Pita.  

“As persoas que se acheguen á mostra poderán ver pezas únicas realizadas con lá autóctona galega procesada artesanalmente e traballada a través de diferentes técnicas, como o encaixe, os teares, a pintura, o fiado, o coiro, o bordado, a cerámica…”, avanzou Pita. O edil naronés asegurou que o evento constitúe “unha aposta polos produtos artesanais, que queremos continuar poñendo en valor para deste xeito abrir vías de negocio para o sector primario”. 

Ana Da Silva explicou que “haberá unha pequena mostra de lá de can, de angora e tamén autóctona de San Mateo e de San Sadurniño”. A presidenta de Camiño de Artesanía agradeceu a colaboración de Granxa Caxigueira e A Ciruxana, que facilitaron a lá. “Son dúas empresas recoñecidas a nivel autonómico e teñen certificada lá autóctona galega, que estaba en perigo de extinción”, apuntou, ao tempo que destacou o feito de que os produtos que se poderán ver na mostra están elaborados con carácter totalmente artesanal. 

Así mesmo, Teté Mareque incidiu na importancia de “recuperar toda a lá que se tira como residuo e que supón un gasto para destruíla, de xeito que se poida sacar un rendemento da lá de ovella galega, que ten unha calidade magnífica e que sería beneficioso para as explotacións”. A representante da firma do mesmo nome subliñou que “entre todas e todos os que participamos amosaremos todas as técnicas que se poden levar a cabo con lá e a súa fusión con outras artesanías”. A mostra poderá visitarse de luns a venres no Pazo, en horario de 11.00 a 14.00 e dende as 17.00 ata as 21.00 horas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias