El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso reclama á Xunta máis medidas para evitar a adicción ao xogo entre os menores

20-01-2023 16:25:05
Valentín González Formoso (2i).

A CORUÑA | A Deputación da Coruña acolleu hoxe a xornada “Cómo detectar, tratar e previr a adicción os videoxogos” desenvolvida en colaboración coa Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure), na que se advertiu dos riscos desta nova adicción e as súas relacións coa  ludopatía con prácticas coma os micropagos, cada vez máis frecuentes.  

O seminario, dirixido aos servizos sociais dos concellos e aos servizos de orientación de centros educativos, foi inaugurada polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, e o presidente de Agalure, Francisco Gil.  

“Con esta xornada queremos enviar un sinal á sociedade de que administracións como a Deputación da Coruña estamos moi sensibilizados e comprometidos con esta problemática que afecta a moitas familias, e outras relacionadas coma a ludopatía, e de que estamos dispostos a facer o que haxa que facer para que outras administracións como a Xunta de Galicia se impliquen tamén a fondo neste problema”, afirmou Formoso en declaracións aos medios previas ao acto.  

Formoso advertiu sobre “os riscos tecnolóxicos que irrompen nos nosos fogares en forma de videoxogos ou apostas online” e demandou á Xunta medidas máis ambiciosas para a prevención da ludopatía e a regulación das casas de apostas, como alonxar estes lugares a máis dun quilómetro dos centros educativos ou que se esixa o DNI electrónico que impidan aos menores acceder aos xogos de azar ou ás apostas online.  

Formoso subliñou que a Lei autónomica que regula o xogo “vén de 1985, cando nin siquera existía internet, nin se vían casas de apostas”, afirmou, polo que considerou necesario adaptar á lexislación á realidade actual e non ceder ante o poder “dun lobby moi poderoso”, como é a industria do xogo. “Entendemos que se necesita control e supervisión pública neste asunto, sobre todo desde que o ano pasado a Organización Mundial da Saúde recoñeceu a adicción aos videoxogos como unha enfermidade”, sostivo o presidente da Deputación. 


Francisco Gil, presidente de Agalure  

O presidente de Agalure, Francisco Gil, afirmou que a adicción aos videoxogos “é cada vez un problema máis frecuente, que comeza a idades moi temperás”. “Queremos orientar aos servizos sociais municipais e aos servizos de orientación dos colexios a través de expertos na materia”, dixo o responsable de Agalure. 

Pola súa banda, Daniel Loren, gamer e experto en videoxogos afirmou que “non é só o abuso do tempo dedicado a xogar, senón o envoltorio no que ven presentado, co que a industria pretende manterte xogando o maior tempo posible e rascarte o bolsillo, o que pode dar lugar a cousas desagradables dentro dunha familia”, afirmou. Loren advertiu de prácticas cada vez máis frecuentes como “compras ou micropagos dentro do videoxogo, ou as ruletas que emulan os xogos de azar”. “Moitas veces os pais non coñecen todo o que inclúe un videoxogo ao que xogan os seus fillos, advertiu.  

“As empresas de videoxogos son unha industria moi poderosa que factura xa máis que Hollywood e traballa para facer os seus produtos cada vez máis atractivos e adictivos”, sostivo Loren, que defendeu a necesidade de implantar lexislación “que impida que os menores podan acceder a este tipo de prácticas abusivas”. 

Na xornada participaron tamén Ana Estévez, profesora do departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicológico da Universidade de Deusto, que falou sobre “A fronteira entre o trastorno de azar e a adicción aos videoxogos”; Ramón Peña, formador do Plan Director da Garda Civil de Lugo, que abordou a historia e prevención destas novas adiccións, e Antonio Rial Boubeta, doutor en Picoloxía Social e profesor da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC, que falou sobre “O impacto das TRIC na adolescencia”. 

A Deputación da Coruña puxo en marcha iniciativas nos últimos anos, conxuntamente con AGALURE, para abordar as adiccións sen substancia coma a dos xogos de azar tratando de chegar directamente ao público obxectivo, á mocidade, a través de charlas en centros educativos e das canles de comunicación que máis empregan.  

O ano pasado, a Deputación e Agalure impulsaron un programa piloto de prevención da ludopatía en 18 centros escolaeres da provincia e a campaña publicitaria “Non xogues co xogo. Aposta pola vida”, na que colaboraron de forma altruísta artistas e caras coñecidas da televisión e o mundo do espectáculo coma Xosé A. Touriñán, María Mera, David Perdomo, Eva Iglesias ou o grupo musical Verto para alertar á mocidade de que “as apostas deportivas non son un xogo”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias