El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

NARÓN

Formoso impulsa a Jorge Ulla como candidato para que Narón volva a ser "o motor económico da comarca"

21-01-2023 15:51:17
Valentín González Formoso (d), y Jorge Ulla.

NARÓN | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, lanzou hoxe a candidatura de Jorge Ulla Rocha en Narón para que esta localidade volva a ser “o motor económico da comarca coma nos anos 80 e 90”, ao tempo que puxo en valor a etapa política de Xoán Gato como o modelo a recuperar. 

Valentín González Formoso acudiu á vila naronesa para trasladar o apoio dos socialistas galegos ao novo candidato na localidade, Jorge Ulla. Cualificou este día como “histórico e importante”, porque van a “revolucionar Narón dende a socialdemocracia”, a través dun proxecto que busca “abrazar a quen queira facer política en positivo, construtiva e con altura de miras”.  

O obxectivo que comparten Formoso e Ulla para a localidade de Ferrolterra consiste en “recuperar o papel de motor da comarca que tivo nos 80 e 90”, destacando o impulso económico e a creación de emprego como os puntos esenciais da proposta socialistas para o municipio.  

Agradeceu ao candidato que dera un paso adiante e a súa valentía para “encabezar esta nova etapa” do partido en Narón e aseguroulle que contará co apoio e forza dun PSdeG que representa a cerca do 60% da poboación galega a través dos gobernos locais. 

Do mesmo xeito, Formoso trasladoulle o apoio de todos os seus compañeiros e compañeiras que se presentan para conquistar ou manter a alcaldía, aos que gustaríalles ver que Narón “recupera a súa esencia” e “volve a liderar o mundo económico, laboral e empresarial da comarca, como noutras épocas”.  


Jorge Ulla 

Pola súa banda, Jorge Ulla, como candidato que se estaba a presentar, agradeceu a confianza depositada polo seu secretario xeral, ao que afirmou que ten “moitísima ilusión” e que se sinte con forza para liderar o proxecto, xa que pensa que “se poden facer grandes cousas en Narón, pero que agora non se están facendo”.  

Ve á vila como un “transatlántico que creceu co empuxe de Xoán Gato” nos anos 80 e 90, pero que “agora mesmo está varado e padecendo apatía” pola inacción do goberno local. Entende que se están perdendo oportunidades para recuperar o tecido económico e industrial que caracterizaba a Narón, mesmamente cos fondos Next Generation, que ve que se están deixando escapar. 

Ulla, avogado laboralista de profesión, insistiu en que o aspecto esencial do seu proxecto é a creación de emprego, recuperar a forza económica do municipio para que “a nosa xente poida traballar e vivir aquí”. Para iso buscarán “atraer novas empresas que sexan motoras e palancas da comarca” a través das súas políticas. 

A posición de oitava cidade galega por número de poboación da que desfruta Narón, está en risco para Jorge Ulla, un aspecto simbólico que enmascara a realidade dun municipio que “incluso está perdendo poboación” nos últimos anos, como consecuencia do impulso económico dende o concello.  

No seu proxecto “progresista”, ademais de no emprego, ten o foco posto na política social, sen ser esta “de etiqueta”, quere que sexa “de verdade” próxima á xente para os seus problemas cotiás, buscando que “a sintan os veciños e veciñas, que sintan que o concello está con eles”, concluíu.  

A presentación de Ulla Rocha antes a prensa estivo avalada, aparte de polo secretario xeral do PSdeG, pola coordinadora comarcal do partido, Natividad González Laso, e pola dirección provincial, a través do secretario de organización do PSdeG na provincia da Coruña, Diego Fernández. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias