El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

EXPOFERR

EXPOFERR inaugura a súa maior edición

320 firmas de subministracións, ferraxería industrial, maquinaria e protección laboral.

08-02-2023 15:03:40
Expoferr.

SILLEDA | A Feira Profesional de Subministracións e Ferraxería Industrial, Protección Laboral e Maquinaria, EXPOFERR, abre mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA as portas da súa terceira edición. Unha cita que será inaugurada polo vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo,  

Esta nova convocatoria, que conta cun día máis de duración debido á demanda dos profesionais de dispoñer de máis tempo para atender os seus múltiples puntos de interese, será a maior do certame ata o momento. Así, a súa área expositiva reunirá 110 fabricantes nacionais e internacionais que representan a 320 firmas de 11 países, as cales ocuparán unha superficie de 6.000 metros cadrados. Unhas cifras que supoñen un 66% máis de expositores, un 45% máis de firmas e o dobre de superficie.  

Os expositores presentes son empresas con gran relevancia no sector que conformarán un gran escaparate con ferramenta de man e de corte, abrasivos, tornillería, soldadura, mantemento, químicos, ferramenta eléctrica e pneumática, elevación e mantemento, andel e almacenaxe, protección laboral e vestiario de traballo.  

Unha mostra que estará ao dispor de profesionais de todos os sectores do tecido empresarial, os cales poderán entrar de forma gratuíta previa inscrición, e tamén de futuros profesionais, a través de visitas programadas de alumnos de formación profesional de ciclos relacionados con transporte e mantemento de vehículos, instalación e mantemento, electricidade e electrónica ou fabricación mecánica. Visitantes entre os que se atoparán o venres os 36 socios da Agrupación de Subministracións Industriais de España (ASIDE), central de compras que conta cun volume de facturación de 260 millóns de euros. 

Mañá, tras a súa xornada inaugural, tanto estes asociados de Aside como os expositores e membros da organización do certame compartirán unha cea xa tradicional nesta feira, a cal terá lugar en Santiago de Compostela.


Preto de 100 demostracións distintas

Expoferr 2023 destacará pola realización dun gran número de demostracións, as cales a converterán nunha feira con gran dinamismo.Así, a gran maioría de fabricantes mostrarán o funcionamento do seu produto ou poñerano a proba, permitindo que o visitante vexa, probe e pregunte. Isto supoñerá que se leven a cabo preto dun centenar de demostracións distintas que se repetirán de forma continua durante os tres días do certame. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias