El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

A Fnac abre este martes a súa primeira tenda en Galicia apadrinada por Teresa Salgueiro e Antón Reixa

Deluxe, Siniestro Total e Happy Mondays tocarán na festa de inauguración

18-06-2007

A distribuidora francesa de cultura, ocio e tecnoloxía Fnac abrirá este martes na Coruña a súa primeira tenda en Galicia. A cantante de Madredeus, Teresa Salgueiro, e o autor multimedia Antón Reixa apadrinarán a inauguración do local, situado na Praza de Lugo. Deluxe, Happy Mondaus e Siniestro Total ofrecerán a partir das 21.30 de mañá un concerto gratuíto nos Xardíns de Méndez Núñez dentro dos actos organizados para a inauguración do novo establecemento. As actuacións sucederán o corte da cinta do local ás 20.30 horas e no que participarán os padriños, o presidente de Fnac, Denis Olivennes; o director xeral de Fnac en España, Christophe Deshayes; o director da Fnac na Coruña, Antonio Serrano, e o director de Acción Cultural Fnac España. Abrirá o programa o galego Deluxe. Xoel López tocará algúns temas do seu último disco, 'Fin de un viaje infinito'. A continuación, a banda de Manchester Happy Mondays, que se converteu nos anos 80 e 90 nun dos grupos indie máis famosos, presentará o seu traballo máis recente. Pechará a velada a veterana banda viguesa Siniestro Total con algúns dos seus grandes éxitos. A Fnac Plaza de Lugo converterase nun establecemento cultural de referencia en Galicia con máis de 200.000 títulos de libros e 150.000 referencias musicais e cinematográficas, así como con 6.000 produtos de software e 15.000 produtos técnicos distribuídos en máis de 2.500 metros cadrados de superficie. Ademais da venda, Fnac acollerá presentacións de libros, coloquios, concertos, proxeccións e actividades nun espazo denominado Forum. Preto de 100 traballadores formarán parte dunha plantilla maioritariamente galega, xa que o 85 por cento dos empregados son galegos, segundo a empresa. Fnac investiu máis de 3 millóns de euros na posta en marcha deste novo centro. Creada en 1954 en Francia, a compañía conta agora con 120 establecementos repartidos en Europa e países como Brasil coa máxima de ofrecer o prezo máis baico, a oferta máis ampla e o mellor servizo. Ata o de agora, Fnac conta con 15 tendas en toda España: Madrid, Barcelona, Valencia, Alicante, Zaragoza, Asturias, San Sebastián, Murcia, Bilbao, Marbella e Sevilla.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias