El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA | PEL 2023

A Deputación destina 7,65 millóns ás axudas a pemes, microempresas e persoas autónomas do Plan de Emprego Local

A presentación de solicitudes permanecerá aberta ata o 10 de marzo ás 14.00 horas.

10-02-2023 12:27:09
Valentín González Formoso.

A CORUÑA | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou hoxe a nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2023), que este ano conta cun orzamento inicial de 7.654.000 euros para apoiar a contratación de persoal, a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social por parte dos autónomos.  

"Estamos ante o PEL cun maior orzamento inicial", afirmou Valentín González Formoso, que explicou que o PEL "permitirá seguir creando emprego e impulsar negocios con axudas de entre 1.000 e 45.900 euros a reactivación económica, o pequeno comercio, as persoas autónomas e microempresas".  Para iso “centrámonos na maior preocupación da sociedade, que é que existan oportunidades laborais”, subliñou Formoso que destacou “a aposta transversal polo emprego nunha provincia que é o motor económico de Galicia.


106 millóns de investimento

O PEL é unha aposta transversal do Goberno da Deputación ao que se veñen destinando 106 millóns de euros nos últimos sete anos. Grazas a este investimento sen precedentes na área de Emprego, desde a creación do PEL, a Deputación axudou a crear máis de 5.300 empregos, apoiou investimentos en máis de 2.000 pemes e microempresas, apoiu a 1.130 autónomos e destinou máis de 20 millóns de euros en 4.472 axudas aos sectores máis afectados pola pandemia e a crise de prezos.  

“Esta aposta decidida polo emprego da Deputación da Coruña podería ser perfectamente extrapolable á Xunta de Galicia, que ten 13.000 millóns de euros de orzamento fonte aos 200 da Deputación. Se a Xunta tivera o mesmo ímpetu no ámbito do emprego, hoxe estariamos falando dunha Galicia distinta. Dun pais máis dinámico, que aposte por reter o talento e por crear emprego ”, afirmou. 

O presidente declarouse tamén “especialmente orgulloso” da Rede de Centros de Coworking da Deputación, creada ao abeiro do PEL e que permitiu xa a 200 emprendedores e emprendedoras da provincia iniciar os seus proxectos de negocio tutorizados pola Deputación “nun modelo único en España” baseado na especialización temática de cada un dos centros, o que permite fomentar sinerxias. “Unha iniciativa que está empezando a copiar a Xunta, o que nos alegra enormemente, porque non é patromonio de ninguén unha boa idea”, apuntou Formoso. 


PEL 2023

Co obxectivo de chegar a un maior número de empresas as axudas PEL 2023 ven incrementado o seu orzamento inicial nun 5,43% respecto do ano anterior, ata os 7.654.000 euros. 

Dos 7.654.000 euros de orzamento do PEL, 3.894.000 euros destinaranse a subvencionar a contratación e ao mantemento de persoas traballadoras, 2.760.000 euros a financiar novos investimentos en pequenas empresas de recente creación e 1 millón á liña PEL-AUTÓNOM@S. 

“Prevemos que as distintas liñas de axudas podan chegar a uns 1.425 beneficiarios este ano, con axudas para contratacións e investimentos que van dos 1.000 aos 45.900 euros por empresa ou autónomos. Todas as xudas serán compatibles entre si”, afirmou Formoso.


PEL-PEMES

A liña PEL-Pemes Creación e Ampliación do cadro de persoal ve incrementado o seu orzamento inicial respecto da anualidade anterior, pasando de 2.500.000 euros a 2.894.000 euros, é dicir, un 15,76%. 

Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2023, durante os cales a Deputación cubrirá ata o 70% dos custos salariais totais da persoa traballadora. O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención sufragrá unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos dentro da presente anualidade. Se ben o contrato deberá formalizarse por unha duración mínima de 6 meses. A contía máxima da subvención a conceder será o 70% dos custos estimados de contratación co límite de 15.000 euros para as contratacións a xornada completa. Pola súa banda, as axudas de PEL-Pemes mantemento do cadro de persoal destinarán un millón de euros para sufragar o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022.  

A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custes estimados de contratación co límite de 11.000 euros polo mantemento durante doce meses dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional) e de 10.000 euros polo mantemento durante doce meses dun contrato indefinido a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.


Autónomos

A Deputación da Coruña recoñece o importante papel que xogan os máis de 80.000 autónomos da provincia e continúa destinar un millón de euros, tras a boa acollida por parte dos autónomos e autónomas das zonas máis rurais da provincia desta liña de axudas. 

Convócase unha axuda destinada ás persoas autónomas da provincia con menos de cinco anos de antigüidade na actividade empresarial e con domicilio fiscal en concellos de menos de 20.000 habitantes. 

As persoas autónomas poden solicitar unha axuda máxima de ata 2.400 euros para sufragar ata un ano de cotas á Seguridade Social, é dicir, 200 euros por cada mes de cota subvencionable. Establécese tamén como requisito que a persoa beneficiaria solicite un mínimo de seis mensualidades de cotas sociais correspondentes o ano 2023, é dicir, unha subvención mínima de 1.200 euros


PEL-EMPRENDE

A liña PEL-Emprende Investimento, dotada con 2.760.000 euros, está destinada a autónomos, pemes e microempresas que conten como máximo con cinco anos de antigüidade e domicilio fiscal en calquera dos concellos da provincia da Coruña. 

As axudas cubrirán ata o 70% dos investimentos realizados en de aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información, cun importe máximo a conceder de 17.500 euros. Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa. 

A principal novidade deste ano é a ampliación do número de facturas que se poden presentar para xustificar o investimento, pasando de 3 a 5 por concepto contable, atendendo ás demandas das persoas beneficiarias. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias