El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

Ramonet e Ramón Chao pechan o ciclo ?Os Latexos do Mundo? do Club Internacional de Prensa

Redondela e Lugo, os seus lugares de orixe, acollen as conferencias dos xornalistas o xoves e o venres

18-06-2007

Os escritores e xornalistas galegos Ignacio Ramonet e Ramón Chao, pechan esta semana un dos ciclos levados a cabo neste primeiro semestre do ano polo Club Internacional de Prensa, ?Os latexos do mundo?, organizado coa colaboración de Le Monde Diplomatique. Redondela, o xoves 21, e Lugo o venres 22, serán os escenarios nos que Ignacio Ramonet e Ramón Chao falen sobre ?A guerra e a paz hoxe. Xeopolítica dos conflictos contemporáneos? e máis sobre ?A guerra contra os pobres?, temas interrelacionados que ámbolos oradores debullarán na súa conferencia conxunta. En Redondela, a Conferencia será no Multiusos da Xunqueira, e será presentada polo alcalde deste concello, Xaime Rei. En Lugo, será o Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, quen presente ós conferenciantes no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, na Praza de Santa María. Sobre Ignacio Ramonet Ignacio Ramonet (Redondela, Pontevedra) é douctor en Semioloxía e Historia da Cultura, e catedrático de Teoría da Comunicación. Especialista en Xeopolítica e Estratexia Internacional (experto-consultante das Naciones Unidas), foi premiado en numerosas ocasións polo seu labor xornalístico. Autor de varios libros, a meirande parte traducidos a diversas linguas, entre os que salientan: La Golosina visual, Cómo nos venden la moto (con Noam Chomsky), Il Pensiero Unico (con Fabio Giovannini e Giovanna Ricoveri), Nouveaux pouvoirs, nouveaux maîtres du monde, Un Mundo sin rumbo, Rebeldes, dioses y excluidos (con Mariano Aguirre), La tiranía de la comunicación, Propagandas silenciosas ou Guerras del Siglo XXI. Na actualidade, dirixe Le Monde Diplomatique en España e Manière de voir. É impulsor do colectivo antiglobalización Attac. Sobre Ramón Chao Ramón Chao (Vilalba, Lugo) é músico, escritor e xornalista. Criouse tocando o piano na fonda que rexentaban seus pais, un punto de encontro para persoeiros como Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro. En 1956 emigra a Francia para estudar piano. En París, dirixíu emisións radiofónicas en galego, que foron prohibidas por Franco, e foi correspondente da revista Triunfo. En 1991 foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno francés. Colabora en diversos medios xornalísticos, como Le Monde Diplomatique ou El País. É autor, entroutros libros, da Guía secreta de París, El lago de Como, Palabras en el tiempo, Conversaciones con Alejo Carpentier, Un posible Onetti, Un tren de hielo y fuego. Mano Negra en Colombia, Prisciliano de Compostela ou La passion de Carolina Otero. É membro do colectivo antiglobalización Attac. De qué falarán Cómo entender o mundo contemporáneo? Cáles son os principais enfrentamentos -militares, políticos, económicos, ecolóxicos- do mundo de hoxe? É todo un gran desorde? Ou existen lóxicas de lectura que nos permiten comprender mellor as dinámicas que se enfrentan e os intereses que se disputan ? Cáles son os actores determinantes do mundo contemporáneo? En qué medida a globalización liberal está orientando a marcha da historia? A "guerra internacional contra o terrorismo" é a resposta axeitada ós grandes desordes contemporáneos? Por qué se produce o "despertar" actual do islam? Por qué Estados Unidos perdeu a guerra en Irak ? Qué consecuencias ten para o planeta? Quén manda no mundo? Qué poden facer os cidadáns?





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias