El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CULLEREDO

Culleredo iniciou o programa de teatro de marzo

Con cinco representacións gratuítas de calidade.

04-03-2023 16:16:22

REDACCIÓN | O Concello de Culleredo referenda a súa aposta pola programación teatral con entrada gratuíta ao público. O auditorio de Servizos Múltiples é escenario neste mes de marzo, todos os venres, dun total de cinco representacións de obras de calidade, para diferentes rangos de idade: son dúas obras de teatro infantil e tres destinadas ao público adulto.  

Onte comezou o ciclo teatral con “As alumnas”, de Culturactiva baixo a dirección de Fina Calleja. A cita encheu o auditorio. Esta obra tratou sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e os retrocesos educativos que se produciron polo franquismo. Foron sufridos especialmente polas mulleres e as dúas personaxes femininas (Anabel Gago e Mónica Caamaño) representaron dous casos concretos de mulleres no contexto histórico anterior e posterior á Guerra Civil.  

A próxima semana será a quenda para o teatro dirixido ao público infantil con “Ás para Álex”, de Baobab Teatro, codirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira. Álex (Xose Esperante) é un neno que adora xogar ao fútbol pero de súpeto un día perde esta capacidade e anóxase co mundo. Porén, coñece a Laura (Cora Velasco), quen lle axuda, con moito cariño, a mudar a mirada cara a súa problemática. Poderase desfrutar o venres 10 de marzo ás 19:30 horas. 

O día 17 de marzo ás 20:30 horas, volvemos ter unha representación para o público adulto con “Rara Avis”, de Lila Teatro. Na pel de Paloma, a obra fai unha homenaxe a todas as persoas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo e amosa que nunca é tarde para un novo comezo.  

“Lambetadas”, de Talía Teatro e dirixida por Santiago Cortegoso, será a segunda representación teatral destinada ao público infantil (4 a 9 anos). O venres 24 de marzo, ás 19:30 horas, esta comedia fai entrar en escena a dúas personaxes excéntricas (María Ordóñez e Diego Rey) que non saben nada unha da outra e vanse coñecendo á vez que o fai quen observe desde as bancadas. O que lles pasa, é que para iso necesitarán saber que lles pasa ás súas linguas, porque sen unha lingua propia chea de saúde non poderán lamber as lambonadas. Porque se tés unha lingua propia tés que utilizala para comunicarte, para gozar e darte o gusto. 

A última cita co teatro no Edificio de Usos Múltiples do Burgo terémola o venres 31 ás 20.30 horas con “Unha inimiga do pobo”, ofrecida tamén por Talía Teatro e un nutrido elenco. Trátase dun drama no que Helena, unha doutora de prestixio internacional que regresa á súa vía natal embarazada, quere comezar un novo proxecto profesional abrindo un balneario. Porén, a contaminación das augas da contorna pona baixo o punto de mira de toda a veciñanza. 

As entradas para acceder a calquera das sesións, poderanse reservar na mesma semana das obras en horario de 16:00 a 20:00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou no teléfono 981 665 597. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias