El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA | POLÍTICA

Pontón: "Jorquera é o alcalde para darlle A Coruña o impulso que necesita"

09-03-2023 20:06:15
Francisco Jorquera (4d).

A CORUÑA | A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no acto de presentación da candidatura do BNG na Coruña ás eleccións municipais do 28M, candidatura encabezada por Francisco Jorquera, a que definiu “con todo orgullo” como “o alcalde que A Coruña necesita para situarse á vangarda de Galiza e recuperar o pulso perdido”, un candidato que é “sinónimo de compromiso, traballo, solvencia e confiabilidade, alguén que sempre está aí, accesible e aberto a toda a veciñanza, alguén que sabes que non che vai fallar”.  

Ademais, destacou Pontón na súa intervención, “Jorquera ten algo máis que o fai único: será un alcalde coas mans libres para defender A Coruña ante o Goberno da Xunta e ante o Goberno do Estado, sen estar preso do servilismo a Madrid”. Ao contrario, “o próximo alcalde terá como único referente os intereses dos coruñeses e das coruñesas, as súas ilusións e esperanzas, as súas expectativas por construír unha cidade mellor para todos e  para todas. Será a voz que loite polos intereses de todos e cada un dos veciños e das veciñas desta cidade”, recalcou a líder do Bloque. 

O proxecto que lidera Jorquera, afondou, será capaz de colocar á cidade “na vangarda en urbanismo, nunha mobilidade sustentable, no acceso á vivenda, na defensa dos servizos públicos de calidade; á vangarda en ciencia e innovación, agora máis que nunca que vai situarse como referente en intelixencia artificial. E tamén unha cidade de vangarda no ámbito cultural e artístico”, proclamou na súa intervención. 

“O BNG ten ao mellor candidato, ten ao mellor equipo e ten o mellor proxecto para darlle A Coruña o impulso que precisa para conseguir unha cidade con máis dinamismo económico, social e cultural, con máis igualdade, oportunidades e calidade de vida. Unha cidade a favor da maioría social”, proclamou. “Coñezo ben a Paco, sei da súa capacidade e sei que se vai liderar o próximo goberno municipal cun único obxectivo: construír unha Coruña en grande,  protagonista da Galiza que desexamos e que merecemos, esta cidade merece máis e o BNG está preparado para impulsar A Coruña a onde merece”, concluíu. 

Jorquera deixou claro que lidera a mellor das candidaturas e que vai a por todas na cita electoral. Nese sentido, pediulle ás coruñesas e aos coruñeses que o próximo 28M confíen no BNG para liderar o Goberno Local e para protagonizar o “cambio de rumbo” que a cidade necesita. “Nas vindeiras eleccións municipais, imos a por todas”, afirmou Jorquera, quen remarcou que o obxectivo do Bloque “é liderar esta cidade e, co voso apoio, estou certo de que o imos conseguir”, porque A Coruña non ten que resignarse a elixir entre catro anos máis de estancamento o unha volta ao pasado, porque ten a alternativa de apostar polo cambio de rumbo cara un futuro mellor que representa o BNG. 

“Un cambio de rumbo para liberar todas as potencialidades da Coruña, porque o momento de facer realidade A Coruña que queremos é agora, recalcou, para construír a cidade que queremos, unha cidade na que vivir e traballar, cun concello que exerza un papel de liderado, de indutor dun proxecto de futuro, a partir da enerxía e da forza da sociedade coruñesa e a partir da aposta pola innovación, a investigación, a renovación, diversificación e revitalización do sector industrial e cun porto vivo que non abandone a pesca e fomente a economía azul”. 

Unha cidade que potencie a economía verde, “vencellada á posta en valor dos produtos de proximidade, dos produtos da terra” e que apoie decididamente o pequeno comercio, “porque o comercio local é unha fonte de riqueza e emprego”. “Termos un comercio local vizoso significa termos barrios vivos e seguros”, engadiu.   


A vivenda, unha prioridade 

Unha cidade para traballar e para vivir: “Non nos resignamos a que a xente nova teña que marchar vivir fóra porque non pode acceder a unha vivenda. Comprometémonos a facer da vivenda unha prioridade, incentivando que haxa máis oferta, actuando fiscalmente para fomentar que os pisos baleiros se poñan a disposición para o aluguer, apostando decididamente pola rehabilitación, regulando as vivendas de uso turístico e incrementando o parque de vivendas municipais para as ofertar en aluguer”. 

Vivir é moito máis que residir, enfatizou Jorquera, “queremos unha cidade que sexa un modelo de calidade urbana e que poña as persoas no centro, e temos un modelo de goberno municipal para facelo realidade, un modelo que é referente a nivel internacional, un modelo que queremos estendelo aos barrios, colocalos no centro das políticas municipais”. 

“A Coruña que queremos ten de ser tamén o faro cultural de Galiza, unha Coruña creativa en todos os eidos da cultura, que conte cun Goberno Local que terme das súas potencialidades”, remarcou, destacando que o proxecto que o BNG ofrece á cidade ten razón e corazón. “Razón porque temos proxecto, ideas e capacidade; corazón porque temos ilusión e forza para materializalas”, concluíu Jorquera, nun acto no que tamén interviñeron integrantes da candidatura como Avia Veira, Mercedes Queixas, Nacho Siota e David Soto, entre outros. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias