REDACCIÓN | Do 1 de abril ao 10 de Xuño, celébrase a XXIV Edición do Certame Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, na que participarán compañías e centros educativos ao longo de once semanas.
Competirán distribuídas en 5 categorías: benxamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior, optando a numerosos premios por categoría que se entregarán nunha gala que, como cada ano, celebrarse no Teatro Colón.
Neste certame, participan case 70 compañías de toda a provincia de A Coruña, con obras que serán representadas no teatro do IES Rosalía Mera, de luns a sábado, e o acceso a todas elas será de balde.
As datas das obras pódense consultar a través da páxina web do IES Rosalía Mera na pestana adicada ao Certame ou a través do seguinte código QR. Os espectadores e espectadoras tamén poderán informarse diariamente no perfil de Facebook e de Instagram.
Grazas a este proxecto, as compañías e centros educativos da provincia, que se esforzan cada día por manter vivo o teatro, atopan un espazo onde representar as súas obras e levar a escena as súas ideas e propostas artísticas. Departamento de comunicación