El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

Máis de 28.500 persoas asistirán o venres ao concerto de Maná en Santiago

19-06-2007

Máis de 28.500 persoas asistirán o venres a partir das 22.30 horas ao concerto que Maná ofrecerá no Monte do Gozo en Santiago, e para o que xa non quedan entradas á venda. Trátase do único concerto do grupo mexicano en Galicia, dentro da súa xira "Amar es combatir". Maná ofrecerá en Santiago un concerto potente, con 160.000 watios de son e 600.000 de luz, acompañados de efectos especiais e pirotécnicos. Os artistas contarán tamén con cadanseu camerino individual. Polo de agora non trascendeu á prensa ningunha das esixencias de Fer e os seus. A apertura de portas será ás 18.30, catro horas antes do comezo do concerto organizado por Caixa Galicia dentro do ciclo 'Directo ao directo', que traerá á comunidade a David Bisbal e Alejandro Sanz nos próximos meses. Dende as 18 horas haberá un servizo especial de autobuses dende a Rúa da Rosa para trasladar ao público dende o centro de Santiago ás proximidades do recinto. Este reforzo do transporte urbano repetirase ao remate do concerto. Trala instalación dun triple peche perimetral con 3.000 metros de valla, onte comezou a montaxe do escenario, cunha altura de 18 metros de fondo e a dúas alturas, con dúas pantallas laterais e unha de fondo. A banda traerá consigo 50 técnicos, aos que se lle sumarán cen persoas de produción local. Por este motivo, a organización dispón de cociña e comedor para un cento de persoas e dez oficinas de produción dotadas de liñas telefónicas e acceso a internet. Para a produción do concerto serán necesarias catro carretillas elevadoras, un guindastre, catorce trailers, sete autobuses, diversos vehículos para traslado de persoal e artistas, cen toallas, miles de metros de cableado e seis xeradores de electricidade, entre outros materiais. No concerto haberá un amplo dispositivo de seguridade formado por un cento de vixilantes de seguridade privada e servizos auxiliares; máis dun cento de compoñentes de Protección Civil, bombeiros e Cruz Vermella, así como axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, que tamén atenderán o tráfico.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias