El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director

O BNG vigués elixe á concelleira non electa Elena Maure para dirixir a área de Patrimonio Histórico

Foi unha das redactoras do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo

19-06-2007

O Consello Local do Bloque Nacionalista Galego respaldou por aclamación a proposta do grupo municipal de nomear a Elena Maure como concelleira non electa e formar así parte do equipo de goberno das áreas nacionalistas que dirixirá Santi Domínguez. Segundo anunciou o teniente de alcalde, Elena Maure ocuparase da Concellería de Patrimonio Histórico e a voceira do BNG no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo. A concelleira non electa colaborará tamén con Santi Domínguez na xestión da Concellería de Cascos Históricos. Elena Maure, que ocupaba o posto número seis na candidatura do BNG, é arquitecta e urbanista. Ten colaborado cos equipos de arquitectos de recoñecido prestixo e tamén formou parte do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Coa súa incorporación o grupo municipal do BNG quedará integrado finalmente por Santi Domínguez (Teniente de alcalde e concelleiro Industria, Comercio, Turismo e Cascos Históricos), María Méndez (Benestar Social e voceira do grupo municipal), Xabier Alonso (Deportes e vicevoceiro do grupo municipal), Iolanda Veloso (Igualdade, Mocidade e Normalización Lingüística), Xesús López (Cultura e Animación Sociocultural) e Elena Maure (Patrimonio Histórico e voceira de Urbanismo).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias