El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA | NORTE CINEMA DIVERSO

Norte Cinema Diverso, un paso máis para reconectar coa sociedade e avanzar cara a igualdade

20-04-2023 11:25:52
Cartel do Norte Cinema Diverso.

A CORUÑA | A curtametraxe española Tarek e o documental arxentino Canela abrirán este venres a primeira edición do festival Norte Cinema Diverso. O teatro Colón da Coruña acollerá a partir das 19,00 horas este certame de cine LGTBIQ+  que trae á cidade durante dous días once curtametraxes, dous documentais e dúas longametraxes. As entradas poden retirarse na web do teatro Colón ou no seu despacho de billetes a tres euros por sesión. 

A quenda das 21,15 horas do venres abrirase con dúas curtametraxes españolas: Una dedicatoria a lo bestia, de Nucbeade, formado pola madrileña Quiela Nuc e a coruñesa Andrea Beade, e El mueble de las fotos. A mellor curtametraxe do festival, que será elixida por un xurado o sábado, recibirá o premio Marieta. 

A última proxección do venres será a da longametraxe boliviana Tu me manques, seleccionada polo seu país de orixe para representalo na edición de 2020 dos premios Oscar e dos premios Goya. Será a estrea en Galicia dunha obra que recibiu o galardón ao mellor guion no Outfest de Los Angeles, considerado o certame de cine LGTBIQ+ máis importante do mundo. 

O festival Norte Cinema Diverso está organizado pola asociación Palestra, a filmoteca da fundación Pedro Zerolo e o concello da Coruña. É un paso máis do activismo da cidade: “En menos de 20 anos camiñamos o que deberiamos facer en 100 anos. Estivemos demasiado tempo no armario, pero temos que reconectar coa sociedade, coas nosas aliadas e amigas, para gañar a batalla da igualdade. E nós temos que converternos en aliados doutras causas. Se queremos cambiar de verdade a sociedade, debemos loitar unidos”, sinalou Fito Ferreiro, codirector do Norte Cinema Diverso. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias