A CORUÑA | A primeira edición do festival de cine LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso rematou coa consagración de Una dedicatoria a lo bestia como mellor curtametraxe da mostra.
Como se dun traballo de arqueoloxía se tratara, Una dedicatoria a lo bestia pón en escea diversos obxectos encontrados na sede do patronato de protección á muller da localidade madrileña de San Fernando de Henares, que estivo en funcionamento desde 1944 ata 1985. O xurado destacou que é “unha historia descoñecida para a maior parte da poboación que se presenta mediante un camiño sensorial a través dos obxectos que emociona e impacta a partes iguais”.
A curtametraxe está dirixida por Nucbeade, formado pola madrileña Quiela Nuc e a coruñesa Andrea Beade. Recibiron esta noite o premio Marieta, un zoco realizado para a ocasión pola artista local, Elena Ferro.
O xurado decidiu concederlle unha mención especial a Yo soy una niña, do director cántabro Richard Zubelzu, “pola calidade da súa mensaxe, que lle chega ao espectador de xeito honesto e directo ao corazón, resultando incontestable nun momento tan crucial para este colectivo”. É unha curtametraxe que pretende visibilizar a transexualidade na infancia e destacar a importancia das figuras dos avós.
Un total de 15 traballos proxectáronse os dous últimos días na pantalla do teatro Colón nunha primeira edición do festival Norte Cinema Diverso organizada pola asociación Palestra, a filmoteca da fundación Pedro Zerolo e o concello da Coruña. Departamento de comunicación