El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

Ramonet e Chao falan da xeopolítica dos conflictos e da guerra contra os pobres, este xoves en Redondela

O alcalde presentará ós conferenciantes ás 8 da tarde no multiusos da Xunqueira

20-06-2007

Os escritores e xornalistas galegos Ignacio Ramonet e Ramón Chao, falarán este xoves ás 8 da tarde no Multuosos da Xunqueira en Reondela, sobre ?A guerra e a paz hoxe. Xeopolítica dos conflictos contemporáneos? e sobre ?A guera contra os pobres? respectivamente, nunha conferencia a dúas bandas que será presentada polo alcalde de Redondela, Xaime Rei. Os escritores e xornalistas galegos pechan esta semana ?o venres estarán en Lugo- o ciclo ?Os latexos do Mundo? que organizou o Club Internacional de Prensa este ano, en colaboración co xornal Le Monde Diplomatique. Sobre Ignacio Ramonet Ignacio Ramonet (Redondela, Pontevedra) é douctor en Semioloxía e Historia da Cultura, e catedrático de Teoría da Comunicación. Especialista en Xeopolítica e Estratexia Internacional (experto-consultante das Naciones Unidas), foi premiado en numerosas ocasións polo seu labor xornalístico. Autor de varios libros, a meirande parte traducidos a diversas linguas, entre os que salientan: La Golosina visual, Cómo nos venden la moto (con Noam Chomsky), Il Pensiero Unico (con Fabio Giovannini e Giovanna Ricoveri), Nouveaux pouvoirs, nouveaux maîtres du monde, Un Mundo sin rumbo, Rebeldes, dioses y excluidos (con Mariano Aguirre), La tiranía de la comunicación, Propagandas silenciosas ou Guerras del Siglo XXI. Na actualidade, dirixe Le Monde Diplomatique en España e Manière de voir. É impulsor do colectivo antiglobalización Attac. Sobre Ramón Chao Ramón Chao (Vilalba, Lugo) é músico, escritor e xornalista. Criouse tocando o piano na fonda que rexentaban seus pais, un punto de encontro para persoeiros como Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro. En 1956 emigra a Francia para estudar piano. En París, dirixíu emisións radiofónicas en galego, que foron prohibidas por Franco, e foi correspondente da revista Triunfo. En 1991 foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno francés. Colabora en diversos medios xornalísticos, como Le Monde Diplomatique ou El País. É autor, entroutros libros, da Guía secreta de París, El lago de Como, Palabras en el tiempo, Conversaciones con Alejo Carpentier, Un posible Onetti, Un tren de hielo y fuego. Mano Negra en Colombia, Prisciliano de Compostela ou La passion de Carolina Otero. É membro do colectivo antiglobalización Attac. De qué falarán Cómo entender o mundo contemporáneo? Cáles son os principais enfrentamentos -militares, políticos, económicos, ecolóxicos- do mundo de hoxe? É todo un gran desorde? Ou existen lóxicas de lectura que nos permiten comprender mellor as dinámicas que se enfrentan e os intereses que se disputan ? Cáles son os actores determinantes do mundo contemporáneo? En qué medida a globalización liberal está orientando a marcha da historia? A "guerra internacional contra o terrorismo" é a resposta axeitada ós grandes desordes contemporáneos? Por qué se produce o "despertar" actual do islam? Por qué Estados Unidos perdeu a guerra en Irak? Qué consecuencias ten para o planeta? Quén manda no mundo? Qué poden facer os cidadáns?





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias