El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Rede Cultural 2023 levará 1.220 espectáculos polos concellos da provincia

A institución provincial realiza neste exercicio un investimento no circuíto de algo máis de 1,5 millóns.

25-04-2023 16:44:34

A CORUÑA | A Rede Cultural da Deputación da Coruña 2023 programará durante este ano e o primeiro trimestre de 2024 un total de 1220 espectáculos, que chegarán a 91 concellos do territorio. A institución provincial realizará neste exercicio un investimento no circuíto de 1.512.576,18 euros. 

Montaxes escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia conforman a oferta que a Deputación cofinanciará cos concellos. Por programas, os 1.220 espectáculos distribúense do seguinte xeito:   

.- Escena ao vivo’, programa de propostas profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos: 860 espectáculos (491 de teatro, 257 concertos, 85 de maxia e 27 de danza).  

.- ‘Visións’, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 81 filmes.  

.- ‘Lingua a escena’, programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega: 149 actuacións.  

.- ‘Alicerce’, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 131. 

A Deputación asume o 75% do orzamento das actuacións da Rede Cultural en concellos de menos de 5000 habitantes, o 60% nos que teñen entre 5000 e 10.000, o 50% nos de entre 10.000 e 20.000, o 40% nos de entre 20.000 e 50.000 e finalmente un 30% nos que superan os 50.000. No relativo á programación, a Rede Cultural 2023 inclúe concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Vacas, Roi Casal, Cristian Leggiero & Paty Lesta, Mercedes Peón, Festicultores, Fillas de Cassandra ou Familia Caamagno. 

As principais propostas da escena galega forman parte tamén do catálogo desta edición con espectáculos de obras teatrais e monólogos de Chévere, Talía Teatro, Mofa & Befa, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Mago Antón ou as AldaoLado. Ampla é tamén a oferta para as crianzas, nunha aposta por achegar a nenos e nenas aos espectáculos ao vivo contribuíndo á creación de novos públicos cunha oferta na que se inclúen Caramuxo Teatro, Magín Blanco, Mamá Cabra, Pakolas, Fantoches Baj ou Polo Correo do Vento. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias