REDACCIÓN | O Festival RESIS da Coruña acollerá nesta terceira semana de programación un concerto da agrupación madrileña Plural Ensemble, dirixida polo seu fundador Fabián Planisello. O célebre compositor e director levará a batuta da velada, que leva o título de Pierrot Lunaire. Será o sábado 29 ás 20:00 no Museo de Belas Artes.
Este concerto toma o seu título da obra homónima do austríaco Arnold Shoenberg, que será interpretada xunto a obras de Dan Yuhas e do propio Planisello. A interpretación de Pierrot Lunaire servirá tamén para homenaxear, con motivo deste Ano Picasso, ao célebre pintor, xa que a figura de Pierrot foi recorrente na súa obra.
As entradas poden reservarse gratuitamente en ataquilla.com, no kiosco da praza de Ourense ou no propio museo de Belas Artes. O Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas continuará a súa programación ata o sábado día 6 de maio, contando con tres concertos e outras actividades que desfrutar na súa última semana.
Baixo o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o INAEM, o RESIS consolida o seu éxito cada ano entre o público, a crítica e os profesionais do ámbito coa súa aposta por un festival galego e internacional. Departamento de comunicación