El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PPdeG lamenta que o PSdeG apoiara a nova Lei do litoral de Galicia

07-05-2023 11:25:04
Paula Prado.

REDACCIÓN | A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamenta que o PSdeG apoiara a nova Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia ata que o Pedro Sánchez “mandou cambiar de opinión” aos dirixentes galegos. 

Prado lembra que esta semana se viu como o secretario xeral dixo que o PSdeG apoiaba a lei e, “dun día para outro”, foi desautorizado polo delegado do Goberno: “O Partido Socialista demostrou, unha vez máis, que cando ten que elixir entre defender a Galicia ou defender a Sánchez, sempre elixe Sánchez”. 

Galicia ten plena competencia para ordenar o seu litoral, como expón o Estatuto de Autonomía, un dereito que o Goberno central non está a recoñecer ao negar a transferencia dos medios para a xestión da costa. Mentres isto non se materializa e ante os ataques do Goberno central aos intereses da Comunidade, a secretaria xeral sinala a necesidade de contar coa Lei do litoral de Galicia, que foi aprobada recentemente polo Consello da Xunta.  

“Esa é a contradición constante do PSdeG, que non existe no noso partido e que afecta directamente aos galegos e galegas. E isto só se entende dunha maneira: cando se fala da xestión do litoral no seo do socialismo galego, chega o tsunami Sánchez e arrasa con calquera opinión diferente á súa”, subliña. 

O socialismo mesmo chegou a afirmar que a nova norma suporá unha declaración de independencia, unhas declaracións “delirantes”, segundo Prado. “O PP loita para que Galicia xestione a súa costa, como así avala o Estatuto de Autonomía, e loita porque esta importantísima lei saia adiante”, di. 

“A costa galega debe xestionarse desde Galicia e non desde un despacho do Paseo da Castellana, en Madrid, a costa da nosa Comunidade”, conclúe a número dous do PPdeG, quen alerta que “están en xogo centos de postos de traballo e a actividade económica de concellos que representan a metade da poboación da Comunidade”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias