El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

APC | ALMORZOS ELECTORAIS

José Manuel Sande: "Queremos reconectar coa sociedade e ser decisivos"

12-05-2023 14:36:08
José Manuel Sande (i).

REDACCIÓN | O candidato de Por Coruña, José Manuel Sande, foi o convidado de hoxe nos Almorzos Electorais da APC no NH Collection Finisterre. O ex concelleiro de Cultura e Deporte co goberno da Marea sacou peito do seu labor e salientou que “políticas novidosas do mandato pasado seguen a ter validez”. 

Sande anunciou que volve á política “en positivo” aínda que é “bastante crítico” co actual goberno: “Non houbo proxecto claro, non se aproveitou a pandemia porque raras veces a política pode deterse e penso que esa oportunidade non se aproveitou”. Neste sentido, engadiu: “A xestión da pandemia sen Unidas Podemos no Goberno central tería sido outra moi distinta”. 

Na súa opinión, hai cuestións importantes sen resolver “como o dereito á vivenda que xa non é un problema na propiedade como era antes senón xa no aluguer”. Tamén falou destes catro anos na área na que tivo competencias no Goberno de Xulio Ferreiro, como son cultura e deporte: “Unha alcaldesa pode levar competencias máis pequeñas, como poden ser os socorristas ou política lingüística, pero non Cultura e Deporte. O PSOE debería mirar o seu propio pasado, con fitos na Cultura como os museos científicos, a OSG ou a rede de bibliotecas; agora o que ve a xente é falta de tempo e improvisación”. 

Neste sentido, o candidato de Por Coruña afirma que o actual goberno non ten proxecto, senón que está “baseado nao correncia” e hai “unha confusión entre eventos, espectáculos e cultura”, nos que as boas cifras e algúns acertos non xustifican a falta de planificación.  

Critica tamén a actuación do PSOE en temas de “transparencia e procesos de participación”: “Mantívose o escano cidadán, por inercia, e incluso desapareceron nalgún caso os orzamentos participativos, que era “o que nos confrontaba coa vella política, dito desde o respeto”. As escusas de que “parece que a xente non participa o suficiente” non son, na súa opinión, suficientes porque é necesario fomentar “a cultura da participación”. 

Sobre a división na esquerda, Sande afirmou que tentaron a unidade coa Marea pero non foi posible. “Ninguén pode pensar que é o propietario da esquerda, o voto de esquerdas non pertence a ninguén”, comenta e admite que son “proxectos irmáns en moitos sentidos” e que o próximo 28 de maio “o abstencionismo vai ser clave”. 

O seu proxecto, reivindica, “trata de ser un revulsivo fronte á intensidade da etapa anterior” que considera foi “examinada con lupa” cunhas esixencias que manifestan un trato desigual da etapa na que formou parte do goberno comparada con esta última etapa. Queren “reconectar coa sociedade e ser decisivos”. 


Axenda 

O vindeiro luns compartiremos almorzo co candidato do PP, Miguel Lorenzo, mentres que o martes acompañaranos como representante do BNG Avia Veira. O 17 estaremos con Xan Xove, de Marea, e pechará a candidata do PSOE, Inés Rey. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias